Cabecera Vide

O Iveco campión Copa Xunta de rugby

circuitosevengaliciaO Iveco Universidade xogou onte no novo campo de Monteporreiro en Pontevedra a final da Copa Xunta de rugby ante o CRAT de A Coruña. O resultado foi unha contundente vitoria de 74 a 0.

Durante o primeiro tempo o Iveco Universidade non atopou o xogo adecuado para distanciarse no marcador polo que só apoio 3 ensaios, con resultado parcial de 15 a 0. A segunda metade e logo de corrixir algúns erros ofensivos, David Monreal, propuxo aos seus dirixidos abrir o xogo, a partir do cal se viron xogadas de gran calidade, para anotar un parcial de 59 a 0 en 40 minutos. O adestrador aproveitou para darlle minutos a varios xogadores que non o puideran facer durante a tempada que responderon a un gran nivel. En total apoiáronse 12 ensaios, con 7 conversións.

Desta forma o Iveco Universidade culmina a última edición da Copa Xunta sen recibir un só punto en contra e cunha media de máis de 60 puntos por partido (71 a 0 a Ferrol RC, 60 a 0 a Lalín RC, e 74 a 0 ao CRAT).

Pola súa parte o Universidade de Vigo xuvenil levou a Copa Xunta da categoría ao vencer a Lalín RC por 36 a 10.

Victoria en Torneo de Seven de Vigo

O sábado xogouse o torneo de rugby a sete de Vigo no que o Iveco Universidade venceu na final ao CRAT de A Coruña por 30 a 0. Desta forma o equipo vigués domina o Circuíto Galego con 58 puntos, seguido do equipo coruñés con 54.

Ao gañar o torneo se perder ningún partido, o Iveco Universidade remata a tempada na casa invicto, con 3 partidos amigables, 7 partidos de Liga, 1 eliminatoria de play-off e o mencionado torneo de seven gañados.