David Monreal, en compañía de Norm Maxwell, continúan coa dura preparación física e mental do Universidade de Vigo Iveco Rugby na súa posta a punto para participar na División de Honra.
A diferencia doutros anos David Monreal destaca a calidade técnica e o estado físico co que os xogadores chegaron esta tempada, na que seguiron plans personalizados de preparación durante as vacacións. Outro aspecto positivo é atoparse cun equipo de 30 xogadores da casa en condicións de pelexar por un posto no primeiro equipo, aos que se suman xogadores de grande nivel que están a realizar as probas, e que logo do partido que se disputará o domingo entre 2 formacións do club se decidirá se entran na lista definitiva. Neste sentido o corpo técnico está a contar con máis de 40 xogadores de onde se elixirán os 30 que configurará o equipo definitivo. Os adestradores a partir das decisións definitivas, continuarán coa formación de todos os xogadores do club, sobre todo os máis novos, para que no futuro poidan ir cubrindo postos dentro do equipo.
Durante estas semanas o primeiro equipo realiza 3 sesións de ximnasio polas mañás, 3 tardes de preparación física e mental en contacto co balón, e 2 días (luns e mércores) de traballo físico baseado en técnicas de boxeo cun preparador especializado. O pasada fin de semana o equipo realizou tamén un exercicio entre as praias de O Vao e o río Lagares consistente en traballo físico e de equipo no que tiñan que transportar bidóns de 200 litros e construír barcas, o que chamou a atención de persoas que estaban no lugar pola espectacularidade do circuíto.
Este domingo 28 de agosto ás 12.00 h no Estadio Municipal de Monteporreiro, en Pontevedra, terá lugar o partido entre as 2 formacións do club, despois da cal, Monreal e Maxwell, definirán o equipo final para enfocarse no primeiro partido da tempada ante o pasado campión, La Vina. Ao longo desta semana se irán incorporando Carlos Blanco e o apertura Arrizabalaga, e a partir do luns Riki Tukaki, que chegará de Nova Zelandia. Iranse pechando ademais algunhas incorporacións de xogadores que xa están moi avanzadas.