Cabecera Vide

O Iveco vence a Lousá (Portugal) por 55 a 0

En partido disputado en terras portuguesas o equipo vigués venceu con claridade ao Lousá que milita na segunda división portuguesa. O Universidade Iveco só puido despegarse no segundo tempo xa que a primeira metade acabou con  resultado parcial de 14 a 0.

Na segunda metade e con varios cambios o equipo de Vigo puido apoiar 7 ensaios máis para rematar o partido 55 a 0. Os ensaios foron conseguidos por Riki Tukaki (3), Vicente Prieto, Joaquín Maguna, Josh Hamilton, Basilis Katsakos, Carlos Blanco e o recén ascendido do equipo xuvenil Adolfo Rodríguez Uruburu, un dos destacados do partido. Os outros xogadores destacados foron Carlos Blanco, Daniel Hall, Josh Hamilton e Riki Tukaki, que malia chegar hai unha semana de nova Zelanda se está a adaptar moi positivamente ao equipo.

David Monreal e Norm Maxwell puideron realizar algunhas probas entre as que se atoparon os debutantes Josh Hamilton (apertura, chegado de Nova Zelandia), Daniel Hall (flanker inglés, chegado do pasado campión a Vila), Basilis Katsakos (medio loita grego chegado de Cergy-Pontoise, Francia) e Leonardo Ianniccheri (piar italiano, chegado do FC Barcelona).