O Iveco cae derrotado no seu debut ligueiro

Imprimir

374vigorugby_alicante_set.2011Chegou o debut ligueiro do Universidade de Vigo Iveco na División de Honra española. O equipo vigués desprazouse a Villajoyosa (Alicante) en autocar o venres pola tarde para chegar a destino o sábado pola mañá, mirar partidos do mundial de rugby e retirarse a descansar aos cuartos do hotel.

Ao mediodía xantar, novamente descanso e pola tarde adestramento lixeiro e rexeneración na praia lindante. Cea pola noite con charla técnica por parte do corpo técnico composto por David Monreal e Norm Maxwell, para deitarse cedo e disputar o partido do domingo ás 12.30 h ante o pasado campión La Vila, que esta tempada presentaba importantes reforzos para afrontar as competicións europeas ante os mellores equipos do continente. O campo en perfecto estado, un sol radiante e calor, que seguramente non beneficiaba ao Universidade Iveco.

O partido ao inicio moi igualado xa que ata o minuto 16 non se moveu o marcador grazas ao acerto do apertura local Alexis Hebrard que poñía o parcial de 3 a 0. Tardaría só 4 minutos en ter a súa oportunidade o equipo vigués co golpe acertado por o apertura neozelandés Josh Hamilton que empataba o partido, e aos 10 minutos adiantaba o marcador con outro golpe deixándoo 3 a 6, resultado que non se movería ata o final de primeiro tempo.

O segundo tempo comezou cun conxunto alicantino decidido a reverter o resultado que se materializaría cun golpe e un ensaio transformado nos primeiros 10 minutos, que deixaba o marcador parcial en 13 a 6 a favor dos locais, pero no minuto 17 Hamilton metía ao Universidade Iveco novamente no partido anotando 3 puntos máis, 13 a 9. Os últimos 20 minutos do partido, contrariamente ao resto do partido, moi disputado, foron de dominio de La Vila que conseguía 2 ensaios transformados, deixando o resultado final de 27 a 9.

Grande partido o disputado polo Universidade de Vigo Iveco, que no inicio de tempada o tocou o partido máis complicado no seu desprazamento máis afastado. Boa impresión polo xogo despregado e un equipo con xogadores que con puro sacrificio e amor polo deporte se preparan para a tempada máis importante do rugby en Galicia. Despois do partido subiron ao autocar en Alicante chegando na madrugada do luns a Vigo, algúns irán directo aos seus traballos, outros a descansar ou a continuar cos seus estudios, pero todos estarán o martes no próximo adestramento preparando o partido da fin de semana en Ordizia (Guipúzcoa).

Os afeccionados do equipo vigués seguiron o partido por Internet, mentres dende a directiva se continúa coa incerteza de como decidirán apoiar as institucións ao club. De momento o Universidade Iveco continuará paseando o nome de Vigo e Galicia por todo o territorio deixando o estandarte ben alto.

Universidade de Vigo Iveco: IÑAKI ROMÁN, OSCAR FERRERAS, GUSTAVO GAINZARAIN, ADRIAN FERNANDEZ, MARIANO BERLANDE, FRNACISCO USERO, DANIEL HALL, ROY GRIFFIN, ALBERTO MERA, JOSH HAMILTON, BASILIS KATSAKOS, OCARLOS BRANCO, JON ARRIZABALAGA, CARLOS DE CABO, RIKI TUKAKI.

Suplentes: VICENTE PRIETO, LEONARDO IANNICHERI, JOSE MARIA FERNANDEZ, NIKOS MAVREAS, ADOLFO URUBURO, JAVIER PARGA.

La Vila: Nicolás Martínez, Phillipps, Hutchinson, Paco, Henrio, Frederic, Jarrid, Cook, Chivers, Alexis, Javi Carrión, Reid, Poggi, Fernando, Sorribes.

Suplentes: Previtera, Diego, Fuster, Kevin, Falu, Juanma e Knight.

Marcador:
16 min.: 3-0, Alexis Hebrard (LV), 20 min e 26 min: Josh Hamilton (Vigo), 48 min: Alexis Hebrard 50 min: ensaio Frederick González, transformado por Alexis Hebrard (LV), 57 min: Josh Hamilton (Vigo), 70 min: ensaio e transformación Alexis Hebrard (LV), 75 min: ensaio Nathan Reid, trnasformado por Alexis Hebrard (LV).