Cabecera Vide

Visita ao porto do Vigo Rugby

vigorugby_puerto_set2011O Grupo Vasco Galega, grupo loxístico e actividades portuarias de capital vigués, invitou no día de onte a toda a familia do Vigo Rugby Club a realizar unha visita guiada polo porto.

O percorrido finalizou coa recepción ofrecida polo presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López-Chaves, quen estivo acompañado polo presidente de Vasco Galega, Juan Martínez, e na que estivo presente tamén o presidente do Vigo Rugby Club, Ramón González-Babé.

Vasco Galega sempre estivo ligada ao Vigo Rugby como patrocinadora, na que actualmente traballan varios xogadores e ex xogadores do club, e que comulga cos valores que se queren transmitir no rugby. Desta forma xogadores, corpo técnico, directivos e familiares puideron gozar dunha tarde na que a visito a terminal de Bouzas, o porto pesqueiro e a área de carga de contendores.