Carlos Blanco retorna ao Blusens Uvigo despois de gañar a Copa de Bronce con España

Imprimir

carlosblancospainCarlos Blanco, flamante gañador da Copa de Bronce no "seven" de Goal Coast das Series Mundiais con España, confirmoulle ao corpo técnico a súa presenza para o partido ante Cajasol Ciencias, do vindeiro domingo 4 de novembro nas Lagoas Marcosende (12:00).

Desta forma o xogador hispano-australiano disputará o seu primeiro partido co equipo vigués, o que lle achegará calidade de xogo ao equipo, tanto en ataque como en defensa.

Así, Blanco unirase ao novo reforzo neozelandés, o "all black" Campbell Johnstone, que arribará a Vigo o vindeiro venres.

Está previsto polo club que de forma inmediata o xogador se porá a disposición do corpo técnico para o transcendental partido ante o equipo andaluz, en busca do primeiro triunfo de liga.

Monreal e Mera atópanse estes días á espera de coñecer o grao da lesión de Chris McLaren, da súa lesión de xeonllo, e de se estará dispoñible Adrián González, "Gambita", logo da súa operación de peritonitis.