20130304_VigoRugbyFotografoDiegoDolan2O Blusens Universidade atopouse en Ás Lagoas Marcosende cun bo Santboiana Seat, co que perdeu por 3 ensaios a 5. Malia non realizar un xogo co nivel dos últimos partidos, con algúns erros de manexo, fallos nas marcas defensivas e menos intensidade da habitual, o Blusens Universidade soubo crear perigo en varias fases do partido, e estar metido ata os últimos minutos na disputa do encontro, que ao final soubo ampliar o equipo catalán nas últimas xogadas. O partido comezaba con moita intensidade por parte de ambos os dous equipos, a visita con ataques constantes, e o Blusens Universidade en defensa por todo o campo. Aínda que o xogo se disputaba no centro do campo, a maior posesión era para Santboiana Seat que tras romper a liña defensiva pousaba o oval por primeira vez no minuto 14 a través de Baró. Minutos máis tarde ampliaban distancias por medio dun golpe de Lauret, hoxe o xogador do partido, creando perigo constantemente e autor de dous ensaios e 7 puntos co pé. A diferencia de Sanboi que se sacrificaba en ataque, o Blusens Universidade con pouco que fixese creaba perigo en campo rival e froito diso chegou o primeiro ensaio nunha boa combinación entre González, Tuifua e Parga, que pousou na zona de ensaio. Lauret apoiaba un ensaio no 29, e no peche do primeiro tempo Moeke, hoxe menos acertado que outras ocasións aos paus, pasaba un golpe para deixar o parcial nun esperanzador 8 a 15 en contra.

Na reanudación, xa sen Uruburo e con Maguna como zaguero, esperaba a reacción viguesa que non rematou de chegar. Só entre os minutos 65 e 72 con dous ensaios que poñían as cousas 23 a 27, parecía que ao final o resultado se decantaría polo Blusens Universidade que cun xogador máis o tiña ao seu alcance. Pero unha mala saída dende as 22 local, en busca do cuarto ensaio que dese polo menos o bonus, ou o partido, por un erro no manexo deu a posibilidade a Sanboi de dar a estocada final no minuto 74 cun ensaio de Lauret, transformado por Canning, e derrubar por completo as esperanzas locais. A un do final outro erro propiciou un golpe preto de paus que o acertado suplente visitante non fallou. Nos minutos iniciais deste período os ensaios visitantes de Baró e Kirikiri puxeran a distancia no tanteador que marcaría o devir do partido, que só puidera ser contestado polo golpe de Moeke.

O Blusens Universidade de Vigo descansará esta semana para viaxar o domingo 16 a País Vasco e xogar un partido clave ante o Getxo Artea que comparte posición na clasificación, ambos os dous con 33 puntos. Ségueos Hernani en posto de promoción con 26. A Vila con 14 teno moi difícil ao quedar tan só 25 puntos en xogo, bonus incluídos. Por diante os play-offs polo título están a tan só 7 puntos, nos 41 puntos do Atlético de Madrid na sexta posición.

Blusens Universidade de Vigo: Adrián Fernández, Vicente Prieto, Latu Talakai, Carlos López Marqués, Mariano Berlande, Chris Mclaren, Francisco Usero, Alejandro Blanco, Basilis Katsakos, Ash Moeke, Mauro González, Isaia Tuifua, Javier Parga, Carlos de Cabo, Adolfo Uruburo. Tamén xogaron: Juan Manuel Rodríguez, Marcos Muñiz, Javier Abadía, Daniel Vázquez Aldemunde, Joaquín Maguna, Ludovic Delbourg e David Riveiro.

Santboiana Seat:  Carlos Bou, Johnathan Phipps, Amirani Chichua, Craig Lyons, Paul Hamish Mckellar, Antonio Kirikiri, Ruben Sanz, Afa Tauli, Marc Puigbert, Adam Canning, Oriol García, Cyrus Baker, Aleix Blasco, Romuald Lauret, Nil Baró. Tamén xogaron: Jake Serex, Adam Canning, Federico González, Mauro Palau. Suplentes: Josep Balsalobre, Daniel Ferron e Josep. Puigbert.

Tanteador:

Min 14, ensaio de Baró, transformado por Lauret, 0 a 7
Min 17, golpe de Lauret, 0 a 10
Min 25, ensaio de Parga, 5 a 10
Min 29, ensaio de Lauret, 5 a 15
Min 39, golpe de Moeke, 8 a 15
Min 42, ensaio de Baró, transformado por Lauret, 8 a 22
Min 46, golpe de Moeke, 11 a 22
Min 60, ensaio de Kirikir, 11 a 27
Min 67, ensaio de Alejandro Branco, 16 a 27
Min 72, ensaio de Moeke, transformado por el mesmo, 23 a 27
Min 74, ensaio de Lauret, transformado por Canning, 23 a 34
Min 79, golpe de Canning, 23 a 37

Incidencias: uns 600 espectadores en Ás Lagoas Marcosende. La colexiada Alhambra Nievas (Andalucía) mostrou tarxeta amarela a Oriol García (Santboiana) no minuto 72 por faltas reiteradas de equipo. A directiva de UE Santboiana entregou ao presidente Ramón González-Babé un trofeo conmemorativo polo 25 aniversario do Vigo Rugby Club.

Fotografía: Diego Dolan