Cabecera Vide

O Blusens perde en Getxo

O Blusens Universidade de Vigo caeu no País Vasco ante o Getxo Artea co cal estaba igualado a puntos, nun importante do pola permanencia, que agora dá tranquilidade ao equipo vencedor, máis aínda tras coñecerse a derrota de Hernani o sábado ante o Atlético de Madrid. Esperaba un pouco máis do equipo vigués despois do grande arranque deste 2013, pero volveu caer nos mesmos erros que no pasado partido de Ás Lagoas Marcosende ante o Santboiana, tanto no manexo de balón e como na baixa intensidade en defensa, dous das súas principais bandeiras de xogo.

Arrancaba o partido a favor do Blusens Universidade de Vigo cun golpe que pasaba Moeke no primeiro minuto de partido, pero que era contestado no 5 por Linklater, empatando o partido a 3. O partido ía a estar moi emparellado esta primeira parte co Blusens Universidade de Vigo atacando e o Getxo Artea esperando á contra, cunha gran defensa. Foi así como nunha recuperación do oval, este chegou a Snee, que coa transformación do infalible apertura local poñía as cousas 10 a 3 para o equipo vasco. Respondeu recén no 20 Alejandro Branco "Monty" cun ensaio tras unha xogada de dianteira para empatar novamente o marcador coa patada de Moeke, 10 a 10. Catro minutos máis tarde Snee volve romper a defensa galega e cun pase deixa solo a Lavin que pousa o oval baixo paus para servir a patada a Linklater e adiantarse novamente no marcador por 17 a 10, que co golpe pasado no 34 por este apertura deixaba o marcador en 20 a 10 ao descanso.

Na segunda parte esperaba a remontada do Blusens Universidade de Vigo, pero esta non rematou de chegar, e nun partido con moitos erros visitantes, e pouca intensidade defensiva, senllos ensaios de Lavin no 43 e Aboitiz no 54 distanciaban definitivamente os biskaínos no marcador para deixalo en 30 a 10. Linklater, aínda que fallaba as transformacións, xa non fallaría un golpe no 64, deixando unha ampla vantaxe que só se vería reducida polo tardío ensaio de Mclaren.

O Blusens Universidade regresa  Vigo e na semana terá que preparar o difícil último tramo de tempada, con 4 partidos que se antojan complicados ante VRAC e Ordizia, en Ás Lagoas, e Santobiana e El Salvador a domicilio. Depende de si mesmo xa que posúe unha vantaxe de 6 puntos sobre Hernani, o equipo que se atopa en postos de promoción polo descenso. Se mantén o nivel dos partidos xogados ao inicio do presente ano a permanencia estaría garantida, pero para iso deberá recuperar o seu xogo.

Getxo Artea (33b): Weller I. Lavin, Aboitiz, Ciriza, San Sebastián, Calvo, B. Lavin, Nabil, Etxeandia, Linklater, Pérez de Laborda, Snee, Baillie, Rey y Dani. Tamén xogaron Landaburu, Young, Zaballa, Vega, Toña e Uriarte.

Blusens Universidade de Vigo (17): Adrián Fernández, Vicente Prieto, Latu Talakai, Carlos López Marqués, Mariano Berlande, Christopher McLaren, Francisco Usero, Alejandro Blanco, Joaquín Maguna, Ash Moeke, Javier Parga, Mauro González, Isaia Tuifua, Basilis Katsakos e Adolfo Uruburu. Tamén xogaron: Marcos Muñiz, Juan Manuel Rodríguez, Javier Abadía, Carlos de Cabo, Daniel Vázquez Aldemunde e David Ribero.

Tanteador:
0-3, m. 1: Golpe de Ash;
3-3, m. 5: Golpe de Linklater;
10-3, m. 11: Ensayo de Snee, transforma Linklater;
10-10, m. 20: Ensayo de Blanco, transforma Ash;
17-10, m. 24: Ensayo de Beñat Lavin, transforma Linklater;
20-10, m.35: Golpe de Linklater;
Descanso 
25-10, m. 43: Ensayo de Nabil;
30-10, m. 54: Ensayo de Aboitiz;
33-10, m. 64: Golpe de Linklater;
33-17, m. 76: Ensayo de McLaren, transforma Ash.

Árbitro: Félix Villegas (Valladolid). Amonestó ao local Aboitiz e aos visitantes Talakai e de Cabo.