Carlos Blanco é baixa no Blusens para o resto da liga

Imprimir

carlos_blanco_mascara_hong_kongLesiónase no Seven de Hong Kong.  Despois do triunfo ante o líder da competición o pasado sábado en As Lagoas, o Valladolid Rugby Quesos Entrepinares, o Blusens Universidade de Vigo descansaba esta Semana Santa para logo trasladarse a Valladolid para enfrontarse ao outro equipo da cidade, El Salvador.

Para ese partido estaba confirmada a presenza de Carlos Blanco tras participar no torneo das Series Mundiais de Seven en Tokyo desta fin de semana, citas ambas as dúas á que non poderá asistir por producirse unha escordadura nunha dos seus xeonllos en Hong Kong e que o obrigará a gardar repouso durante 6 semanas.

Blanco acudira ao prestixioso torneo de seven cunha máscara que o protexía da súa operación de fractura de nariz producido en Georgia ante a selección local e que o obrigara a pasar polo quirófano. No que respecta á súa participación na liga de División de Honra, despídese da tempada (tamén tiña previsto estar en Barcelona ante Santboiana), aínda que espera estar recuperado para participar nos seven de Londres e Glasgow o primeiro e segundo fin de semana de maio, e últimas etapas das Series Mundiais.