Isaia_TuifuaO Blusens Universidade de Vigo atopase preparando a viaxe a Barcelona para disputar o partido ante o UE Santboiana SEAT, segundo clasificado e equipo máis en forma desta segunda volta de liga. Monreal e Mera preparan o partido a conciencia xa que a permanencia aínda non está asegurada matematicamente a pesar de que as probabilidades de que Hernani consiga 6 puntos nos 2 partidos que lle quedan, son moi baixas.

Debería gañar polo menos un deles con bonus, e no outro obter un punto bonus. A dificultade radica en que debe enfrontarse ao líder, o VRAC, e tamén a Santoi. O Blusens Universidade avantáxao en 5 unidades, con diferenza de puntos entre ambos os dous equipos a favor. Pero o dito, o equipo vigués debe garantir a permanencia.

A maior novidade para este partido é o pedido que o club fixo para incluír na convocatoria a Gastón Ibarburu, piar internacional uruguaio que xogou no Blusens Universidade de Vigo durante varias tempadas, e que actualmente atopabase xogando en Escocia, tras pasar por Gernika e Francia. Ibarburu adestra co equipo dende hai unhas semanas polo seu traslado  Vigo por motivos familiares e respondeu positivamente ao chamado de Monreal para incorporarse ao equipo para estes 2 partidos restantes. Durante as últimas horas dende a secretaría do club esperase a confirmación desta posibilidade por parte de la Federación Española.

O corpo técnico tamén recuperará a Mariano Berlande tras a súa lesión de nocello, e o que xa non estará é Basilis Katsakos que rematou a súa tempada en España para xogar coa selección grega de seven. O equipo desprazarase por primeira vez esta tempada en avión, e farao, dende Santiago de Compostela, o sábado pola mañá para xogar o partido, o mesmo día, ás 16.00 h no campo de Baldiri.

Tuifua con Samoa

O centro samoano do Blusens Universidade de Vigo, Isaia Tuifua, foi convocado para xogar con Samoa un torneo cuadrangular que se disputará en xuño en Sudáfrica xunto ao equipo local e os combinados de Escocia e Italia. Torneo que servirá como preparación para a participación dos Springboks no posterior torneo Rugby Championship, e que ademais se encadra dentro da ventá de Test Matches internacionais de primavera asignada por la IRB. Tuifua compartirá selección co seu irmán Taiasina, que xa participou no pasado mundial de Nova Zelandia.