O Blusens vence en As Lagoas por un contundente 59 a 18 ao Ordizia

Imprimir

Tuifua_Vigo_Rugby_abril_2013O Blusens Universidade de Vigo venceu onte ao Ampo Ordizia nun partido no que dominou de principio a fin ao finalista da Copa do Rei, e ata hoxe cuarto clasificado da liga. Desta forma pecha unha segunda volta espectacular con tres vitorias e un empate ante os catro primeiros clasificados.

Non esperaba o conxunto vasco o xogo do Blusens Universidade, xa que ao conseguir un primeiro ensaio comezou a xogar os golpes á touche para ir a polo partido con bonus. O que lle ofreceu o equipo vigués como resposta foi un recital de ensaios, xa que no minuto 23 da primeira parte xa lograra o bonus ofensivo apoiando catro ensaios, de todas as posibilidades, aínda que sempre xogando o oval á man con saídas rápidas dos reagrupamentos e co apoio dos dianteiros na liña, ao ancho do campo. O Blusens Universidade defendía ben, e lanzaba contraataques, xogando co vento a favor unhas veces Moeke cruzaba o oval 60 metros, outras cos dianteiros rompendo a defensa, ou con saltos nos pases da liña, cun xogador destacado, tanto pola contundencia en defensa, con placajes marca "Samoa", coma no apoio en ataque, Isaia Tuifua estivo inmenso. Non quedou atrás Latu Talakai, que con 125 quilos se sente cunha comodidade inusual en la liña. Aínda que todo o equipo xogou a un grande nivel, no que destacou Fran Usero "Pakito", o ensaio da cal foi o máis aplaudido polo público. Nunha primeira parte soberbia o marcador sería de 40 a 13, cos ensaios de Tuifua (2), Pakito, Maguna de Cabo e Riveiro nunha xogada ensaiada, catro deles transformados por Moeke, por parte local, e un ensaio de Puyadena, e dous golpes de Kroll, por parte dos visitantes.

A segunda parte un pouco máis áspera que a primeira, serviu para dalo entrada a todos os suplentes vigueses, aínda que o ritmo do partido non decaeu para desfrute da bancada, e pechouse a tempada cunha festa de ensaios que sumou tres máis en metade por para o Blusens Universidade, cun do capitán Prieto, e dous de Alejandro Branco "Monti", un deles transformado por Moeke e outro por Tuifua. En cambio Ordizia só puido apoiar por medio de Mikel García. O partido rematou con resultado de 59 a 18, cun grande espectáculo no céspede de As Lagoas e co festexo dos xogadores tanto no campo como no vestiario, onde os xogadores das antípodas ofreceron a mítica danza maorí o resto do equipo, corpo técnico e directiva. Despídense de Vigo esta semana, coa única seguridade de que Moeke non volverá, xa que parte rumbo a Francia para fichar polo Tarbes. O resto está pendente dalgunhas propostas e proxectos deportivos, coa idea de entrar en ligas máis importantes, aínda que a posibilidade de volver  Vigo permanece.

A partir de agora comeza a preparación da Copa da Xunta, e a planificación da próxima tempada. Monreal parte a Nova Zelandia por catro meses, viaxe que aproveitará para incorporar ideas e falar con posibles reforzos para a súa volta, mentres en Vigo queda Alberto Mera como responsable. A súa vez o crecemento do club fai pensar no optimismo, coa confirmación do novo campo de As Lagoas e a satisfacción de saber que a canteira crece en número de xogadores, en xogo, e en resultados, como o contundente campionato galego conseguido onte por os sub 14 en A Coruña, ou o resto de categorías codearse de igual a igual con clubs da elite nacional no torneo de Cisneros en Madrid.

Blusens Universidade de Vigo (59): Oscar Ferreras, Vicente Prieto, Latu Talakai, Carlos López, Mariano Berlande, Chris McLaren, Francisco Usero, Alejandro Branco, Joaquín Maguna, Ash Moeke, Carlos de Cabo, Isaia Tuifua, Javier Parga, Mauro González e David Riveiro. Tamén xogaron: Gastón Ibarburu, Marcos Muñiz, David Redondo, Rubén Rodríguez, Daniel Vázquez Aldemunde, Adolfo Rodríguez Uruburo e Javier Abadía.

Ampo Ordizia R.E. (18): Abanzabalegi, Malkorra, Jaun Pérez, Barandiaran, Tom Quarrie, Xabier Lerma, Mugika, Graenewald, Iñaki Suso, Dany Kroll, Mikel García, Haddar, Puyadena, Patxi Muller e Axier Korta. Tamén xogaron: Grende, Joan Tudela, del Río, Albarez, Sarriegi e Mateo Mattaruco. Suplente: Aizpurúa.

Tanteador:
Min 4: Ensaio de Puyadena con transformación de Kroll. 0 a 7.
Min 6 ensaio de Tuifua con transformación de Moeke. 7 a 7.
Min 14 ensaio de Usero con transformación de Moeke. 14 a 7.
Min 18 ensaio de Tuifua transformación de Moeke. 21 a 7.
Min 22 golpe de Kroll. 21 a 10.
Min 23 ensaio de de Cabo transformación de Moeke. 28 a 10.
Min 26 ensaio de Riveiro transformación de Moeke. 35 a 10.
Min 30 golpe de Kroll. 35 a 13.
Min 40 ensaio de Maguna. 40 a 13.
Descanso
Min 41 ensaio de Prieto. 45 a 13.
Min 54 ensaio de Alejandro Branco transformación de Moeke. 52 a 13.
Min 59 ensaio de Mikel García. 52 a 18.
Min 80 ensaio de Branco transformación de Tuifua. 59 a 18.

Incidencias: o árbitro Rese (Catalán) mostrou amarelas a Prieto, Talakai e Moeke por parte do Blusens Universidade, e a Tudela por parte de Ordizia. Uns 600 espectadores en As Lagoas.

Fotografía de Jorge Castro.