O seven español seguirá unha tempada máis nas World Series de Rugby

Imprimir

blanco_london_sevens_ante_hong_kong Destacada actuación do xogador do Blusens Universidade de Vigo, Carlos Blanco, nos partidos clave. O seleccionado de seven español conseguiu a permanencia unha tempada máis nos HSBC IRB World Sevens, o circuíto mundial da especialidade, no decisivo torneo de Londres. Oito equipos disputábanse as tres prazas dispoñibles e a pesar de perder dous partidos ante Tonga e Portugal, por só unha vitoria ante Rusia na primeira xornada de grupos, as sensacións eran boas para a segunda xornada de cuartos de final ante Hong Kong.

Carlos Blanco, tivo unha destacada actuación neste partido, sendo o autor de dous ensaios no resultado final de 29 a 14. No partido de semifinais ante Portugal, con grande actuación de todo o equipo, outro ensaio de Carlos Blanco, no último suspiro, sería decisivo para dar a permanencia directa e estar entre os 12 equipos fixos do circuíto na tempada 2013-2014. Ao equipo de seven español quédalle disputar o mundial da especialidade en Rusia dende o 28 ao 30 do próximo mes de xuño. A próxima tempada Carlos Blanco non estará no Blusens Universidade porque regresa a Australia, pero está por ver se continuará participando no seleccionado.

A selección galega de rugby cae ante Euskadi por 31 a 23

A selección galega caeu, o pasado sábado, por 31 a 23 en Lugo ante o seu par de Euskadi, nun partido nos que xogaron de inicio sete xogadores do Blusens Universidade, Marcos Muñiz, Adrián Fernández, Javier Abadía, Pakito Usero ©, Alejandro Blanco, Joaquín Maguna, Javier Parga e Adolfo Uruburo.

Fotografía de Carlos Blanco no partido de cuartos ante Hong Kong. Autor: IRB/Martin Seras Lima.