O Vigo Rugby Club suspende os partidos que lle quedan de todas as súas categorías

Imprimir

A únicas categorías que seguen coa súa actividade son as da escola infantil. Debido ao comunicado enviado onte por la Federación Galega de Rugby, no que informaba que a compañía de seguros médicos -que cubría todas as actividades dos equipos nas distintas competicións- rescindira o contrato de forma unilateral antes do período establecido, a actividade do club finalizará esta semana ata a pretempada de agosto.

Desta forma, quedarán pendentes por parte do Vigo Rugby Club, o último partido de liga sub 20 no que o equipo vigués xogaba o título ante o CRAT, o desenlace da Copa Xunta feminina e a disputa da final da Copa Federación do Blusens Universidade de Vigo B ante Campus Ourense. La Copa Xunta, que estaba prevista xogarse en xuño, estaba dende un principio a ser trasladada para o inicio da próxima tempada, debido ao tempo transcorrido dende que remataron as súas respectivas ligas dous dos equipos candidatos, o Blusens Universidade de Vigo da División de Honra, e o CRAT da División de Honra B.

A federación rexional tomará cartas no asunto para esixir o cumprimento do contrato asinado coa empresa aseguradora. Mentres, dende a directiva do Vigo Rugby Club, decidiuse dar por rematada a tempada en todas as súas categorías, salvo nas categorías inferiores dende sub 6 ata sub 14, que esta fin de semana disputarán o III Torneo de Rugby Infantil no CUVI.