Cabecera Vide

O Vigo Rugby cae ante o Barcelona

Nun partido moi disputado o Ednon Universidade Vigo Rugby non puido co equipo do FC Barcelona. O primeiro tempo comezou con moito ritmo por ambos os dous lados, cun ida e volta intenso, pero foi a visita a que abriu o marcador logo dun golpe de castigo preto da liña de ensaio do equipo local, que o Ednon Universidade se animou a xogar e que rematou con Chema anotando os primeiros 5 puntos para Vigo que Mauro transformou en 7 puntos ao converter a posterior conversión a paus.

Nin ben saíu o equipo de Barcelona despois do ensaio, posicionouse no campo dos vigueses e as erróneas decisións de Vigo para saír do seu campo remataron co balón nas mans do 1º centro dos locais que a pura potencia ensaiou e coa transformación igualasen o partido. O Ednon Universidade seguiu intentándoo e en pleno ataque un pase interceptado polo mesmo 1º centro, que a esa altura era un pesadelo, rematou no segundo ensaio para os cataláns. O partido seguía parello no xogo pero FC Barcelona cada vez que tivo oportunidade transformábao en puntos, cousa que Vigo non lograba a pesar de xerar oportunidades. Unha loita a 5 m rematou en ensaio de castigo a favor do Barça e ao descanso chegouse cun 19 a 7 a favor do equipo local.

O segundo tempo comezou e aos poucos minutos outro erro en defensa do Ednon Universidade xerou que o Barcelona producise o seu mellor movemento da tarde, que logo de varios pases lograba colocar o marcador 24 a 7 ao seu favor. Parecía todo dito, pero a partir de aí os de Chema reaccionaron con moito orgullo e orde, e comezaron a asediar a zona de ensaio dos locais, logrando dous ensaios logo de bos movementos de xogo. Quedaban 10 minutos de partido e o resultado a tiro de ensaio 24 a 19, pero nese momento a expulsión de Leonardo Bulacio deixou o equipo cun menos e desconcentrados. Se ben Vigo o intentou, con máis vontade que idea, non puido ensaiar novamente, mentres Barcelona se dedicou a premer e arrefriar o xogo esperando o final.

Resultados
FC Barcelona 24 - Vigo 19
Aliñación:
Leonardo Bulacio, Vicente Prieto e Iñaki Román, Ignacio Lobón e José Mª Fernández, Nicolás Gomes Ventura, Iván Conti e Mariano Berlande, Alberto Mera e Jon Arrizabalaga, Joaquín Maguna, Carlos De Cabo, Javier Parga, Jon Iker Arraztoa e Mauro Álvarez.
Tamén Xogaron: Santiago Lemos e Fernando Millara

Os puntos:
FC Barcelona :(24): Ensaios: 4, transformados 2
Vigo R. C (19): Ensaios: José Mª Fernández (1), Jon Iker Arraztoa (1) e Jon Arrizabalaga (1), 2 transformados por Mauro Álvarez