A plantilla do Vigo Rugby ao completo

Imprimir

Coa incorporación, onte, das fichaxes internacionais, Sam Hayes, Luke Graham, Josh Rowland e Maka Tatafu, o Blusens Vigo Rugby xa ten o equipo ao completo. Os vigueses, que adestran dende a primeira semana de agosto ás ordes de David Monreal, reciben na súa primeira cita liguera, o próximo 15 de setembro, ao C.R. Cisneros.