Cabecera Vide

O Blusens deixou escapar o encontro nos derradeiros minutos

rugby_cisnerosO Blusens Universidade de Vigo Rugby perdeu o sábado en As Lagoas un partido que chegou a dominar ata mediada a segunda parte, malia chegar perdendo ao descanso por 8 a 10 ante un Complutense Cisneros de gran nivel e que seguro pelexará polos postos altos da táboa ao final de tempada, con resultado final de 25 a 31.

Había entusiasmo nas bancadas por este inicio de tempada e incerteza por como se adaptarían os novos xogadores chegados do exterior. Finalmente todo o equipo respondeu, pero en fronte tiña a un sólido Cisneros que soubo definir un partido con moitos erros característicos do inicio de tempada.

Por parte do Blusens Universidade de Vigo pousáronse 3 ensaios por medio de Prieto, Graham e Parga, dous deles transformados polo mozo apertura francés Jérémy Simon, que sumou 2 golpes, un dos cales deu o punto bonus sobre o final partido. Pola súa parte Cisneros pousou catro que lle deron o bonus ofensivo a través de María, Villanueva, Molina e o internacional Hernández, xogador do partido e que ademais pasou as catro transformacións e un penal.

O Blusens Universidade traballará na semana de cara ao desprazamento de Getxo, á espera da evolución da lesión de Maka Tatafu, que recibiu 11 puntos de sutura por un corte na fronte.

Blusens Universidade de Vigo (25 b): Juan Manuel Rodríguez, Vicente Prieto, Falemaka Tatafu, Carlos López Marqués, Mariano Berlande, Javier Abadía, Sam Hayes-Stevenson, Alejandro Blanco, Joaquín Maguna, Jeremy Simon, Adolfo Rodríguez Uruburo, Luke Graham, Javier Angel Parga e David Riveiro.

Tamén xogaron: David Redondo e Carlos de Cabo. Suplentes: Marcos Muñis, Jorge Barbudo, Rubén Rodríguez, Daniel Fuentes, Daniel Vázquez Aldemunde e Mauro Gonzélez.

Complutense Cisneros (31 b):  Santiago Fernández, Pablo Hayali, Guillermo Espinós,   Ignacio Villanueva, Guillermo Molina, Santiago Noriega, José Luis del Valle, Tiago María, Gabriel Nogales, Angel López, Francisco Soriano, David Mota, Juan Cano, Matías Tudela e Francisco Hernández.

Tamén xogaron: Eduardo Carretero, Iker Monge, Carlos Bachofer, Manuel Niño, Mariano Alonso, Manuel Sainz Trápaga e Manuel Florea.

Marcador:

Min 4: golpe de castigo de Hernández 0 a 3.

Min 27: golpe de castigo de Simon, 3 a 3.

Min 35: ensaio de Graham. 8 a 3.

Min 39: ensaio María transformado por Hernández, 8 a 10. Final do primeiro tempo.

Min 41: ensaio Prieto transformado por Simon, 15 a 10.

Min 45: ensaio Parga transformado por Simon, 22 a 10.

Min 50: ensaio Villanueva transformado por Hernández, 22 a 17.

Min 58: ensaio Molina transformado por Hernández, 22 a 24.

Min 78: ensaio Hernández transformado por el mesmo, 22 a 31.

Min 80: golpe de castigo de Simon, 25 a 31.

Árbitro: Pedro Montoya (Vasco) mostrou amarelas a Tudela (CC) e Sam Hayes (Vigo). Cuns 500 espectadores nas bancadas de As Lagoas Marcosende.