O segundo partido de liga do Blusens Universidade de Vigo foi tamén derrota, logo de caer na primeira xornada por 31 a 25 ante Cisneros, agora foino por 34 a 18 ante Getxo, e sen bonus defensivo. Ao equipo vigués estalle a custar atopar o ritmo de xogo, e continúa cometendo moitos erros, sobre todo en la touch.
Tamén parece afectar a baixa de Ferreras no piar esquerdo, un dos xogadores máis regulares da pasada campaña, e a baixa parcial de Berlande por motivos laborais, tanto aos partidos coma aos adestramentos. Por ese motivo, moitos mozos da canteira están a ter lugar nas convocatorias.
O Blusens Universidade tivo que xogar coa segunda equipación do equipo local, ante a obriga do árbitro, por posible confusión ente ambas as dúas equipaciones, a azul de Vigo, e a gualdinegra de Getxo. Saíu o equipo vigués totalmente desorientado xa que aos 5 minutos caía por 14 a 0, por dous ensaios transformados de Getxo, e tiña un xogador menos por o sen bin do debutante Rubén Rodríguez. Mellorou a colocación e a presión no campo aínda que os ataques eran ben contidos polo equipo local, que non pasaba demasiados apuros, pero ante a insistencia chegaron dous ensaios vigueses, un deles transformados por Luke Graham, que xogou de apertura. Cun golpe pasado polo incansable pateador local Linklater, Getxo chegaba ao descanso cunha vantaxe de 17 a 12.
Comezou mellor a segunda parte o Blusens Universidade, que cambiou de pateador para que o canterano Uruburo pasase dous golpes en 2 minutos para poñerse por diante no marcador por primeira e única vez no partido. Pero foi un espellismo xa que a partir de aí Getxo Artea pasou a ser o completo dominador do xogo para pousar dous novos ensaios e un golpe, todos transformados por Linklater. O Blusens Universidade a viño abaixo e a quedo sen anotar máis puntos para o resultado final de 34 a 18 que o coloca a Getxo con dúas vitorias e 9 unidades e ao Blusens Universidad con dúas derrotas e 1 unidade na táboa.
O Blusens Universidade desprazarase o próximo sábado para enfrontarse ao Atlético de Madrid de Rugby en Madrid, que hoxe venceu ao Independente de Santander por 14 a 25 a domicilio. O corpo técnico seguirá traballando nalgunhas facetas do xogo e para conseguir o definitivo acoplamiento das incorporacións estranxeiras que chegaron en pretempada, sabendo que deste equipo sempre pode esperar o mellor.
Blusens Universidade de Vigo: David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Daniel Fuentes, Ruben Rodríguez, Sam Hayes-Stevenson, Alejandro Blanco, Joaquín Maguna, Luke Graham, Carlos de Cabo, Josh Rowland, Javier Parga, David Riveiro e Adolfo Rodríguez Uruburo.
Suplentes: Marcos Muñiz, Juan Manuel Rodríguez, Jorge Barbudo, Javier Abadía, Víctor Salgado, Jeremy Simon, Mauro González e Brais Sánchez.
Getxo Artea RT: Barlow, Lavin, Obaitz, Sebastian, Zabaloy, Hansen, Zaballa, Alvarez, Unai Pérez, Linklater, Bilbao, Snee, James, Gárate e Gutiérrez.
Suplentes: Bañat Lavin, Coria, Landaburu, Lugarezaresti, Calvo, Etxevarría, Degomeguria e García.
Tanteador:
Min 2 ensaio de James, transforma Linkater, 7 a 0
Min 7 ensaio de James, transforma Linkater, 14 a 0
Min 20 ensaio de Uruburo
Min 36 ensaio Rveiro, transforma Luke, 14 a 12
Min 37 golpe de castigo transformado por Linklater, 17 a 12
Descanso.
Min 51 golpe de castigo transformado de Uruburo, 17 a 15
Min 52 golpe de castigo transformado de Uruburo, 17 a 18
Min 56 golpe de castigo transformado por Linklater, 20 a 18
Min 61 ensaio de Snee transformado por Linklater, 27 a 18
Min 70 ensaio de Gárate transformado por Linklater, 34 a 18