O Blusens Universidade de Vigo venceu outra vez, como a pasada tempada, ao líder o VRAC Queixos Entrepinares nun partido que se decidiu no último minuto, cun golpe de castigo moi complicado, transformado polo vasco francés Jérémy Simon por 28 a 27.
O Blusens Universidade de Vigo comezou o partido con todo, cometendo moi poucos erros, e cunha abafadora posesión do balón nos primeiros minutos, o que xerou dous ensaios practicamente seguidos a través de Tatafu e Carlos López, para ir gañando no minuto 10 por 12 a 0, ante un líder que non o atopaba a volta ao partido. A touche volveu ser un dos puntos fortes do partido, como base do xogo do Blusens, que avanzaba metros coas acometidas de Tatafu, Redondo e Branco, o sábado inmensos. O VRAC Queixos Entrepinares non se entregaba e facíao doado, xa que nas únicas xogadas que pisou as 22 viguesas pousou os seus tres ensaios transformados por Grifiths que as metía dende todos lados. Ao descanso chegouse con 19 a 21 a favor dos pucelanos, co ensaio conseguido por Rowland.
A segunda metade ía deixar a Graham fóra por un golpe nas costelas e tomaba o seu lugar o que ía ser o xogador do partido, o apertura francés Jérémy Simon, que ía pasar 3 golpes de castigo, o último no minuto 81 para gañar o partido, para delirio do público asistente e dos seus compañeiros que conseguían a primeira vitoria en liga, ademais ante o líder e último campión de Copa e Liga. O francés foi o vencedor do do ante Grifiths, que no 80 pasara o golpe de castigo que puxera o virtual triunfo pucelano. O resultado final foi de 28 a 27.
O Blusens Universidade callou desta forma o seu mellor partido ante un rival difícil e faino cunha inxección de moral enorme pola forma en que se produciu, e ante un rival importante. O próximo partido será dentro de dúas semanas ante Santboiana en Barcelona. Partido complicado, e un desprazamento longo, pero a este equipo parece que lle gustan os retos, pódese esperar sempre o mellor.
Blusens Universidade de Vigo (28): Redondo, Prieto, Tatafu; López Marqués, Berlande; Rubén Rodríguez, Hayes-Stevenson, Blanco; Maguna, Graham; De Cabo, Parga, Rowland, Riveiro e Uruburo. Tamén xogou Jérémy Simon. Suplentes: Monreal, Abadía, Juan Manuel Rodríguez, Fuentes, Salgado, Brais Sánchez e Barbudo.
VRAC Queixos Entrepinares (27): Gutiérrez, Barnes, Pastor, Pardo, Molina, Estrada, Abril, Gavidi, Pico, Fernández, de Villamor, Griffiths, Martín, Alex Gutiérrez Muller e Nacho Gutiérrez Muller. Suplentes: Blanco, Rodríguez, de la Calle, Pérez, Gil, Barriuso, Marco e Merino.
Tanteador:
Min 7 ensaio de Tatafu, transformado por Graham 7 a 0
Min 10 ensaio de López Marqués 12 a 0
Min 23 ensaio de Gutiérrez, transformado por Griffiths 12 a 7
Min 30 ensaio de Rowland, transformado por Graham 19 a 7
Min 32 ensaio de Villamor, transformado por Griffiths 19 a 14
Min 35 ensaio de Nacho Gutiérrez Muller, transformado por Griffiths 19 a 21
Descanso 19 a 21
Min 44 golpe de castigo transformado por Simon 22 a 21
Min 50 golpe de castigo transformado por Simon 25 a 21
Min 65 golpe de castigo transformado por Griffiths 25 a 24
Min 79 golpe de castigo transformado por Griffiths 25 a 27
Min 81 golpe de castigo transformado por Simon 28 a 27
Incidencias: unhas 500 persoas en As Lagoas Marcosende. Árbitro Alfonso Mirat.
Autor da fotografía: Jorge González Marqués.