Cabecera Vide

O Blusens B comeza con vitoria a Liga Territorial

O Blusens Universidade de Vigo B venceu o sábado en As Lagoas Marcosende no primeiro partido da Primeiro Territorial Galega ao recén ascendido Pontevedra por 38 a 17, un resultado que non reflicte o amplo dominio que se viu no terreo de xogo.

Por parte do equipo vigués, dirixidos por Diego Dolan, xogaron varios dos xogadores aos que Monreal os quere ver en acción, xogadores con proxección e outros que ten poucos minutos no primeiro equipo. Desta forma xogadores como Valentín Gutiérrez, Mauro González, Pedro Rodríguez ou os recén incorporados Daniel Fuentes, dende Lalín, e Victor Salgado, dende Zalaeta xogaron un partido entretido e de bo rugby ante os máis de 100 espectadores que se achegaron ata o CUVI.

O Blusens Universidade de Vigo C, que milita na Segundo Territorial Galega, suspendeu o seu partido ante a solicitude de Jabatos do Bierzo e xogará en data a determinar.