O Blusens Universidade de Vigo desprazarase en avión dende Santiago de Compostela o sábado pola mañá para disputar o seu partido ante o decano do rugby español, o UE Santboiana, partido que a punto estivo de suspenderse ante a convocatoria de 4 xogadores do equipo catalán á selección española sub 19. Finalmente o partido será ás 16.00 h do sábado como estaba previsto, no campo de Baldiri, de Santboi de Llobregat, Barcelona.

Resto de encontros:

Primeira Territorial Galega:
Mareantes (Pontevedra) - Blusens Universidade de Vigo B, 2ª xornada de liga, Campo de Monteporreiro (Pontevedra), sábado 19 de outubro ás 16.15 h.
Segunda Territorial Galega:
Fendetestas de As Pontes - Blusens Universidade de Vigo C, 2ª xornada de liga, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), domingo 20 de outubro ás 16.45 h.
Liga Galega Feminina:
Universidade de Vigo - Muralla (Lugo), 1ª xornada de liga, en As Lagoas Marcosende (CUVI), domingo 20 de outubro ás 12.00 h.
Escola de rugby:
Desprázase o domingo a Vilagarcía de Arosa para disputar o torneo organizado polo club Los Ingleses para as categorías sub 6, sub 8, sub 10, sub 12 e sub 14.