O EDNON Universidade Vigo viaxou a Hernani para xogar o encontro da 5º xornada de División de Honra B. Se ben o encontro non foi tecnicamente bo, dende o primeiro minuto os dous equipos saíron con moita actitude.
Hernani comezou con máis posesión de balón e aproximouse cun par de xogadas á man que foron ben contidas pola defensa viguesa. Logo foi a quenda de Vigo que comezou a atacar e a golpear a porta do equipo local, momento no que o partido se fixo de ida e volta con moita presión e placajes, ata que case aos 30 minutos de xogo, unha touch e maul de Hernani a 5 m rematou en ensaio do equipo vasco. O EDNON Universidade Vigo saíu de metade de campo e case inmediatamente tivo unha oportunidade de acurtar distancia cun golpe de castigo que Mauro fallo aos paus. Pouco máis e rematou o primeiro tempo cun 5 a 0 a favor de Hernani. O segundo tempo foi máis do mesmo, aínda que Vigo jugo máis tempo nos 22 metros de Hernani pero non logrou concretar. Preto dos 20 minutos de xogo do segundo tempo o conxunto local comezou a facer cambios, que lle deron aire fresco e empezou a ter superioridade nas loitas. Preto dos 25 minutos construíuse outro maul a partir dunha touch a 5 m e chegou o segundo ensaio de Hernani que coa transformación se poñía 12 a 0. Os de José María Fernández non se renderon e volveron poñer o xogo en campo do local pero debido a erros propios e á férrea defensa do local, ás veces en fose de xogo, non lograron conseguir o ansiado ensaio. Cabe destacar a actitude aguerrida e a entrega de ambos os dous equipos por conseguir a vitoria durante os 80 minutos de xogo.
División de Honra B - Ednon Universidade Vigo Rugby Club
5º Xornada
Hernani CRE vs. Ednon Universidade Vigo RC 15/11/2009
Resultados
Hernani 12 - Vigo 0
Aliñación Vigo:
Iñaki Román, Vicente Prieto e Santiago Lemos, Ignacio Lobón e José Mª Fernández, Nicolás Gómez Ventura, Mauro González e Mariano Berlande, Alberto Mera e Jon Arrizabalaga, Joaquín Maguna, Carlos De Cabo, Javier Parga, Jon Iker Arraztoa e Mauro Álvarez.