O Blusens Universidade de Vigo caeu no seu desprazamento a Santboi de Llobregat por 33 (bonus ofensivo) a 16 ante unha Santobiana, unha nova pero talentosa formación, nun encontro no que sempre foi por detrás no marcador.

Viaxaba motivado o Blusens Universidade a Barcelona tras a vitoria no último encontro de liga da cuarta xornada ante o líder o VRAC Quesos Entrepinares, ao que gañou no último minuto de partido cunha patada de Jeremy Simon. Esta vez non se puido repetir e atopouse ante o decano do rugby español que dende o minuto 5 se puxo por diante no marcador e dominó durante o resto do partido, a pesar de que o Blusens Universidade apertou nos últimos minutos do primeiro tempo. Na primeira parte os ensaios cataláns foron conseguidos por Catatlá (2 ocasións) e Chichua, mentres que o Blusens conseguiu a súa única marca por medio de Riveiro, ademais dun golpe de Simon.

Durante a segunda parte o Blusens Universidade non puido conter o bo xogo local, que con xogadas de gran nivel puido dobregar á defensa viguesa tras apoiar 3 ensaios máis que lle permitiron conseguir o bonus, por medio de Chichua, novamente, Brau e Tauli, mentres que o do Blusens chegaba a través de Tatafu, cun golpe de Simon. Ningún dos 8 ensaios do partido foi transformado, nunha tarde desafortunada para os pateadores.

Agora toca preparar o próximo partido ante Ordizia, un dos equipos máis en forma da liga, que xogará o próximo domingo ás 12.00 h en As Lagoas Marcosende.

Blusens Universidade de Vigo (16): David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Daniel Fuentes, Javi Abadía, Sam Hayes, Alejandro Branco, Joaquín Maguna, Jeremy Simon, Carlos de Cabo, Luke Graham, Javier Parga, David Riveiro e Adolfo Uruburo. Suplentes: Marcos Muñiz, Juan Manuel Rodríguez, Rubén Rodríguez, Cristian Aniño, Victor salgado e Brais Sánchez.

UE Santboiana (33) (b): Josep Balsalobre, Johnathan Phipps, Ako Chichua, Jake Serex, David Encinas, Joan Campius, Efrem Brau, Afa Tauli, Neil Chivers, Artur Mazon, Lluc Muñoz, Aleix Blasco, Jordi Trubat, Marc Catatlà, Oriol Garcia. Suplentes: Dani Petreanu, Youri Petit, Cristian Beteta, Juan Gonzalez, Samir Barmose, Luis Espejo, Ruben Cañadill e Oscar Torés.

Min 5 ensaio Catatlá (S), 5 a 0
Min 12 ensaio Catatlá (S), 10 a 0
Min 15 golpe de Simon (V), 10 a 3
Min 23 ensaio de Chichua (S), 15 a 3
Min 28 ensaio de Riveiro (V), 15 a 8
Descanso
Min 43 ensaio de Chichua (S), 20 a 8
Min 49 golpe de Simon (V), 20 a 11
Min 53 golpe de Mazon (V), 23 a 11
Min 60 ensaio de Brau (S), 28 a 11
Min 67 ensaio de Maka Tatafu (V), 28 a 16
Min 75 ensaio de Tauli (S), 33 a 16

Incidencias: o árbitro Rafael Ortega mostrou tarxetas amarelas a Tauli (S), minuto 33, e Hayes (V), minuto 51.