Cabecera Vide

O Blusens incorpora ao centro Lewis Marshall

lewis_marshallO xogador Lewis Marshall, de 25 anos 186 cm e 94 quilos de peso, estará hoxe en Vigo para realizar o seu primeiro adestramento ás ordes de Monreal e estar dispoñible para a convocatoria do domingo, cando xogue o partido pola oitava xornada ante o Bathco Independente de Santander.

Lewis foi elixido como mellor xogador tres cuartos 2013 do seu equipo, os Manawatu Turbos, cos que disputou TM Cup en compañía da última incorporación, Nathan George. É un potente xogador de orixe Maorí, e proverá xogo polo centro do campo engadindo unha feroz defensa, unha das súas mellores características. Ao igual que Nathan George, tamén xogou coas categorías inferiores de Nova Zelandia, neste caso coa sub 17.

Fotografía de Lewis Marshall.