O Blusens Universidade cae por unha axustado 5 a 3 ante Bathco Independente

Imprimir

O Blusens Universidade caeu onte en As Lagoas Marcosende en partido pola oitava xornada da División de Honra por un axustado 5 a 3 ante un Bathco Independente que marcha agora na terceira posición na clasificación, e que sabe aproveitar ao máximo as súas fortalezas.

O clima en As Lagoas non era propicio para un bo día de rugby, con chuvia intermitente, néboa e un campo embarrado, o que provocou que sobre o terreo de xogo se vise un partido moi trabado, co equipo santanderino insistindo co seu pack de forwards, e un equipo vigués que defendeu ben, e intentaba un pouco máis o xogo a á man. A pesar de anotar no minuto 3 cun golpe de castigo pasado pola nova incorporación, Nathan George, e poñerse por diante no marcador por 3 a 0, o Blusens Universidade sufriu durante 12 interminables minutos a presión da loita do Bathco, que propiciou as amoestacións temporais de Abadía e Tatafu, deixando o equipo con 13 xogadores durante algúns minutos. Aínda así se puido saír da presión e pasar a dominar algunhas fases ao longo do partido. O resultado ao descanso foi dun curto 3 a 0.

Na reanudación o partido sería novamente parello, aínda que o Blusens Universidade perdeu 2 novos xogadores temporalmente coas amarelas a Rubén Rodríguez e Carlos López, este último por derrubar claramente un maul. O Bathco tamén viu unha amarela, Leo Bullacio, exxogador vigués. O partido decantouse polo equipo que mellor soubo aproveitar as súas oportunidades, xa que foi parello de principio a fin, cunha mellor proposta rugbísitica viguesa, pero á hora de definir non se chegaba a pousar o oval. Si chegou a oportunidade para o equipo cántabro que nos primeiros minutos desta etapa pousou na bandeira nunha acción que o árbitro non viu e si convalidó o linier. Intentouno o Blusens Universidade de Vigo nos últimos minutos pero, a deficiencia na touche facíalle perder os metro que tanto lle custaba conseguir. No último minuto Nathan Geroge intentou pasar un golpe de castigo dende case o medio campo, pero a patada quedou curta e ao anular o Bathco, o árbitro Ortega decretou o final do partido.

A liga sufrirá un parón ata o 23 de novembro cando o Blusens Universidade de Vigo se teña que desprazar a Valladolid para xogar ante El Salvador.

Blusens Universidade de Vigo: Redondo, Prieto, Tatafu; Daniel Fuentes, Berlande; Rubén Rodríguez, Javier Abadía, López Marqués; Maguna, Nathan George; Jeremy Simon, Parga, Lewis Marshall, Riveiro e Uruburo. Tamén xogaron: Marcos Muñiz, Juan Manuel Rodríguez, Victor Salgado, Agustín Bargiela, Yago Rodríguez, Brais Sánchez e Daniel Vázquez. Suplente: Pedro González.

Bathco Independiente de Santander: Bulacio, Alvarez, Sanz, Muntaniu, Urbaitis, Menocal, Gupaya, Mora, Marco, García, Herrera, Taboada, Mañero, Lucas e Chapero. También jugaron: González, Todeschini, Solís e Young. Suplentes: Imaz e Ortiz.

Árbitro: Ortega (Colegio Andaluz) mostró amarillas a los jugadores de Vigo Abadía (7´), Tatafu (12´), Rubén Rodríguez (57´) e Carlos López (76), e por Santander a Leo Bulacio (46´).

Fotografía de Diego Dolan.