Cabecera Vide

O Blusens Universidade tráese 2 importantes bonus de Valladolid

blusenselsalvadorBlusens Universidade de Vigo caeu o sábado no seu desprazamento a Valladolid ante o Cetransa El Salvador por un axustado 34 a 30, o que lle permitido obter dous puntos bonus, por caer por menos de 8 puntos e por conseguir 4 ensaios.

Desta forma queda moi preto de gañar ao cuarto clasificado da táboa, nun partido no que empatou por algúns minutos mediada a segunda parte, como pasou a pasada semana ante o terceiro, o Independente de Santander co que perdeu por tan só 2 puntos. Este resultado permítelle adiantar na táboa de posicións ao Cajasol Ciencias de Sevilla que caeu ante o Getxo Artea, e saír da última posición.

O Blusens Universidade de Vigo non realizou unha boa primeira parte e afectoulle primeiro a tempranera lesión do flanker Sam Hayes no minuto 10 que debeu deixar en campo polo novo Victor Salgado, logo as amarelas a Javier Parga e Javier Abadía ao final da primeira parte, o que aproveitou o equipo local para apoiar un ensaio ante a superioridade numérica. Ao descanso chegouse co resultado parcial de 22 a 9 o que facía presaxiar unha goleada en contra.

Pero o Blusens Universidade saíu na segunda parte motivado e deu a súa mellor cara para dominar durante todo o período poñendo contra as cordas ao cuarto clasificado de sla liga. Así puido apoiar 3 ensaios por medio de López Marqués, Simon e Riveiro. As novas incorporacións George e Lewis deron a solidez que esperaba na saga, dirixindo e descomprimindo en defensa o xogo cando era necesario. Na primeira parte pousara Abadía.

O partido puídollo levar o Blusens Universidade na última xogada ao dispoñer dun golpe de castigo na liña de 5 metros con superioridade numérica que o Cetransa non deixou xogar e o árbitro mandou repetir ela xogada. De tódolos xeitos o equipo vigués mostrou unha nova cara como o fixo hai 2 semanas ante o Independente, e dá moral para recibir o próximo sábado ás 13.00 h en As Lagoas ao agora último Cajasol Ciencias, nun partido transcendental para ir escalando posicións e afastarse do último posto.

Tanteador:
Min 11, ensaio Mamea, pasado por Rodríguez, 7 a 0
Min 18 ensaio de Altes, 12 a 0
Min 23 ensaio de Díaz pasado por Rodríguez, 19 a 0
Min 27 ensaio de Abadía pasado por George, 19 a 7
Min 33 golpe de castigo pasado por Pedro Rodríguez, 22 a 7
Descanso
Min 41 ensaio de Díaz, 27 a 7
Min 48 ensaio de Riveiro, 27 a 12
Min 54 ensaio de Simon, pasado por George, 27 a 19
Min 61 golpe de castigo pasado por George, 27 a 22
Min 64 ensaio de López Marqués, 27 a 27
Min 71 ensaio de Veiga pasado por Rodríguez, 34 a 27
Min 74 golpe de castigo pasado por George, 34 a 30
Final

Cetransa El Salvador 34 (b): Castro, Vega, Miranda, Torres, Sánchez, G. Altes, Núñez, Mamea, Ramos, Ibarra, Rodríguez, Carter, Casado, Díaz y Pearce. También jugaron: Asis García e Jorge Medina. Suplentes: Villalobos, Sanz, Pestano, Gorostiza e de la Llana.

Blusens Universidade de Vigo 30 (b) (b): David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Daniel Fuentes, Rubén González, Javier Abadía, Sam Hayes, Joaquín Maguna, Nathan George, Jeremy Simon, Javier Angel Parga, Lewis Marshall, David Ribeiro e Adolfo Rodríguez Uruburu. También jugaron: Juan Manuel Rodríguez e Víctor Salgado. Suplentes: Marcos Muñiz, Jorge Barbudo, Pedro González, Ignacio Villegas e Brais Sánchez

Árbitro: Iñigo Atorrasagasti mostrou amarelas a Javier Abadía (V) no 37', Javier Parga (V) no 38', Marciel Castro (S), no 76' e Asis García (S) no 80'.