O Blusens Universidade rematou ao final cun resultado demasiado axustado para o que foi o desenvolvemento do partido, xa que chegou a ir gañando por 33 a 5. Algúns fallos defensivos permitiron ao Ciencias Cajasol levar 2 puntos bonus e continuar sumando puntos na clasificación.

O segundo tempo comezaría cun novo ensaio vigués a través de Lewis pasado por George, moi acertado nas patadas. Sería a última puntuación local xa que a partir de aí o partido foi do Ciencias deu un susto ao Blusens Universidade a pesar da renda inicial, anotando 3 ensaios antes do final a través de Torres, Ruani e Ale Ortega. O árbitro pitou o final do partido para satisfacción do corpo técnico e xogadores vigueses que se propuxeran gañar o partido con bonus. Agora toca descansar dúas semanas e viaxar a Hernani, nunha liga moi parella na que os resultados finais son moi apertados.

Desta forma o Blusens Universidade colócase con 2 partidos gañados e 14 puntos, 4 máis que o Ciencias que continúa como último queda con 10.

BLUSENS UNIVERSIDAD DE VIGO (33) (b): Redondo, Prieto, Maka, Marqués, Fuentes, Abadía, Salgado, Blanco, Maguna, George, Jeremy, Parga, Marshall, Ribeiro e Uruburo. Tamén xogaron Muñiz, Rodríguez, Barbudo, Bargiela, Usero, De Cabo, Villegas e Aldemunde.

CIENCIAS FUNDACIÓN CAJASOL (26) (b) (b): Íñiguez, Salazar, Martínez, Caballero, Álvaro Ortega, De Juan, Moisés, Sobrino, Nono, Tiernan, Torres, Mazo, Ilde, Ustarroz e Ruani. Tamén xogaron Juan González, Bola, Juanfran, Renaud, Ale Ortega, Macarro, Fernández e Domínguez.

Árbitro: Félix Villegas, valisoletano. Excluíu temporalmente a Carlos González Marqués e o visitante Juanfran.

Tanteador:
Min. 2, ensaio de Uruburo transformado por George (7-0).
Min. 5, ensaio de Parga transformado por George (14-0).
Min. 11, ensaio de Íñiguez (14-5). Min. 33, ensaio de Uruburo (14-5).
Min. 33, ensaio de Uruburo (19-5).
Min. 36, ensaio de Blanco transformado por George (26-5).
Min. 42, ensaio de Marshall transformado por George (33-5).
Min. 46, ensaio de Torres transformado por Tiernan (33-12).
Min. 56, ensaio de Ruani transformado por Domínguez (33-19).
Min. 73, ensaio de Ale Ortega transformado por Domínguez (33-26).