09_12_October_2013_TogetherEn representación do Blusens Universidade de Vigo, Anxo Fernández Ocampo visiou a directiva e os xogadores do Vigo RFC nas instalacións do club o pasado 12 de outubro. A visita tivo lugar durante o terceiro tempo do partido contra HSBC, con vitoria local por 22 a 19.


Crónica escrita por Anxo Ocampo tras su visita a Inglaterra

Na tempada pasada Mike Anderson, histórico directivo do club inglés Vigo RFC, viaxou ás Rías Baixas para afondar na amizade entre a nosa casa e ou club que o cofundou polo ano 1968 na localidade de Vigo, non Kent. Por estar eu desprazado naquel condado neste mes de outubro, a directiva do Vigo RC encomendoume que lles devolvese a visita. Iso fixe, unha tarde de sábado de terceiro tempo. Ben é sabido que todo comezou na Inglaterra de comezos do século XVIII, cando un veterano da batalla de Rande comprou unha taberna nun cruzamento de camiños e bautizouna co nome de Vigo Inn. Este establecemento chegou ata vos nos vos días sen que practicamente a interrompese a súa actividade, e hoxe en día aínda loce un cartel cun mariñeiro cebando nun canón.

Moitos Vigos esparexidos na campiña inglesa

Menos sabido é que foron varios vos veteranos que por Inglaterra adiante e coa soldada gañada en Rande abriron establecementos co nome de "Vigo", e que eses nomes destinguisen para a toponimia local: tan só nos Midlands Occidentais hai un par de Vigos, creados moi probablemente da mesma maneira que o Vigo do Kent: un veterano abre unha taberna nun cruzamento de camiños e chámalle Vigo...

Alan, un directivo do Vigo RFC corrobora este proceso de creación, que ciscou o nome da nosa cidade pola xeografía inglesa ata os nosos días.

Mais de todos os Vigos ingleses, o Vigo do condado de Kent é o único que medrou a partir da taberna para converterse en toda unha entidade de poboación, coñecida como Vigo Village, descrita ou ano pasado nun artigo de Eduardo Rolland para La Voz de Galicia.

(Case) 50 anos do Vigo RFC

Pola súa banda en 1968 nacía ou Vigo RFC, ou primeiro club inglés presidido por unha muller, Lillian Ashwell, precisamente doa do Vigo Inn. O club deu os seus primeiros pases, como era de esperar, na leira detrás da taberna. Así, ou Vigo Inn encargouse da esixente tarefa de matar a sede das primeiras xeracións de xogadores.

20 anos despois do nacemento do Vigo RFC nacía ou noso Vigo Rugby Club. Hoxe ou nome de Vigo RC asócianse ás etiquetas dous patrocinios, quer Universidade de Vigo, quer Blusens. Mentres tanto, ou Vigo RFC segue funcionando de maneira totalmente amater, dependendo da vontade e da enerxía de moita xente.

De feito, pé de campo érguese un clubhouse espazoso, cunha cocinga atendida vos días de partido por Trevor Newnham e súa muller Susanne. Todas ás instalacións foron financiadas e construídas completamente polos socios do club, que involucraron directamente ás súas empresas neste esforzo. Mesmo hai proxecto de ampliar ás infraestruturas. A organización é admirable, sobre todo tendo en conta que practicamente os únicos ingresos do club proveñen do ―moi xeneroso, en palabras do presidente Mike Hayes― consumo de cervexa na casa do Vigo RFC.

Esta particular situación non lles permite contar con xogadores profesionais, aínda que outros clubs da mesma categoría e con orzamentos maiores non dubidan en recrutar semiprofesionais.

2019: a segunda batalla de Rande
Para celebrar os seus 50 anos de existencia, ou Vigo RFC volveu anunciar que nos visitará de xira en 2019. Esta xira marcará logo a data da Segunda Batalla de Rande, unha batalla sen canóns, sen dobróns, sen xenreira, entre os dous Vigos, ou das camelias e ou das rosas.

E é que ou rugby é tan representativo da identidade de Vigo Village que sería impensable establecer ningunha corrente entre os dous Vigos sen percorrer eses vectores de comunicación e de socialización que son a gramática oval e a poderosa sintaxe da loita.

Canto a esta Segunda Batalla de Rande... ninguén, absolutamente ninguén dubida da vitoria de Vigo.