Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo tráese un importantísimo triunfo de Landare Toki

rugbyVence por 31 a 26 a Hernani nun partido que dominou no marcador de principio a fin. Malia pasar apuros ao final do partido, o Blusens Universidade conseguiu un importante triunfo en terras vascas que lle permite seguir ascendendo na clasificación ao décimo posto con 18 unidades, xa que adianta na clasificación ao UE Santboiana que queda con 15, tras caer por 29 a 5 ante El Salvador.

Pola súa parte tamén se afasta do Ciencias Cajasol que tamén caeu ante o VRAC Quesos Entrepinares, por 25 a 21, e queda con 11 puntos.

O partido comezou xa de cara para o Blusens Universidade de Vigo, cun Uruburo moi inspirado pasando un dos seus golpes de castigo no minuto 3, para adiantar ao equipo vigués, que nunca se viu por detrás no marcador, sempre por diante, ou empatado, como cando se chegou ao descanso en 13 a 13. O Blusens Universidade de Vigo pasou por varias fases no seu xogo, que a diferencia doutros partidos saíu con todo dende o inicio conseguindo o mencionado golpe, sumando outro, tamén por Uruburo, máis un ensaio baixo paus de Lewis pasado polo zaguero canterano. O Hernani tamén conseguiu a mesma puntuación con idénticas anotacións, ensaio de Casado, transformado polo internacional Genua e 2 golpes deste apertura. O inicio desta metade foi para o Blusens Universidade de Vigo pero a última parte foi para o Hernani que roldou o ensaio varias veces.

No segundo tempo o Blusens Universidade saíu do vestiario totalmente motivado, e non só a gañar o partido, senón tamén a buscar o bonus, que a punto estivo de conseguilo. Xogando algúns golpes á man ou á touche para sumar ensaios. Era unha mostra da confianza que se tiñan os xogadores. Aínda así quedou ás portas de conseguilo, conseguindo 2 ensaios a través de Maguna e Lewis novamente, e 2 golpes de Simon, que alternou pateo con Uruburo. O Hernani foise en busca da heroica e nos minutos finais a punto estivo de conseguilo, pero o resultado foi para o Blusens Universidade que segue na súa escala ascendente, en xogo e resultados. Antes Hernani anotara 2 ensaios a través de Olano e Otaegui, cun golpe de Genua.

Agora o Blusens Universidade desprazarase a Madrid a próxima fin de semana para xogar o seu partido ante o Cisneros, que deu a sorpresa esta fin de semana e venceu ao forte Getxo por 25 a 20.

Hernani CRE 26 (b): Insausti, Apaolaza, Orbegozo, Iradi, Aranburu, J.Otxotorena, Ander Gutiérrez, Casado, M. Otxotorena, Outeiro, Genua, Jones, Etxeberría, Mujika, Esnal. Tamén xogaron: I. Otxotorena, Otegi, M. Perez, P. Perez, Olano, Otaegi, Leonet. Suplente: Otaño.

Blusens Universidade de Vigo 31: David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Daniel Fuentes, Francisco Usero, Sam Hayes, Alejandro Blanco, Joaquín Maguna, Nathan George, Jeremy Simon, Javier Angel Parga, Lewis Marshall, David Ribeiro e Adolfo Rodríguez Uruburo. Tamén xogaron: Daniel Vázquez Aldemunde e  Javier Abadía. Suplentes: Juan Manuel Rodríguez, Jorge Barbudo, Rubén Rodríguez, , Brais Sánchez, Victor Salgado e Chris Gyere.

Tanteador
Min 3 golpe de Uruburo, 0 a 3
Min 6 golpe de Genua, 3 a 3
Min 12 golpe de Uruburo, 3 a 6
Min 19 ensaio baixo paus de Lewis, pasado por Uruburo, 3 a 13
Min 30 golpe de Genua, 6 a 13
Min 36 ensaio de Casado pasado por Genua, 13 a 13
Descanso
Min 42 ensaio de Maguna, pasado por Uruburo, 13 a 20
Min 52 ensaio de Lewis, 13 a 25
Min 59 ensaio de Otaegui, 18 a 25
Min 62 golpe de Simon, 18 a 28
Min 63 golpe Genua, 21 a 28
Min 67 golpe de Simon, 21 a 31
Min 78 ensaio de Olano, 26 a 31

Incidencias: o árbitro Raposo ensinou amarelas a Parga (23´), Redondo (69´) e Tatafu (72´) polo Blusens Universidade e a Igor Etxeverría (51´) e Jon Insausti (66´) de Hernani.