E é que o marcador ao descanso era de 17 a 10, nunha etapa na que o Blusens Universidade tivo unha abafadora posesión do balón, acorralando ao Cisneros nos seus 22, ademais cometendo moi poucos erros. Os dous ensaios do Cisneros viñeron por dous erros na falta de placaje na liña de tres cuartos, que aproveitaban ao máximo os hábiles xogadores locais, gañando moitos metros co balón na man, as poucas veces que dispuxeron del.

O ensaio da primeira metade por parte do Blusens Universidade de Vigo chegou a través de Tatafu, outra vez unha dos xogadores máis destacados do equipo vigués que eran ben conducidos por Maguna, e no que destacaron algúns xogadores como o dezano Daniel Fuentes, cunha proxección ascendente no seu xogo, ou Carlos López, moi activo. Intentouno varias veces o equipo vigués pero sempre se atopou cunha boa defensa do Cisneros que aínda que non pasaba excesivos apuros. A nota negativa desta primeira metade deuna a lesión de Uruburo que tivo que saír por un forte golpe, substituído por Carlos de Cabo.

A segunda parte ía ser outro cantar, e é que o Cisneros saíu do vestiario con todo. Pareceu que durante a primeira parte se dedicou a estudar as debilidades do seu rival, e sen facer un grande rugby, só aproveitando os erros visitantes, os puntos fracos, e a falta de actitude da primeira metade, logrou pousar 4 novos ensaios, un de eles e tres transformacións do o talentoso apertura internacional madrileño, Ángel López. Nos últimos minutos e coa relaxación local chegaron os ensaios de Tatafu, de novo, e George, que só serviron para maquillar o resultado nunha mala segunda metade do equipo olívico, para deixar o resultado final de 46 a 22.

Agora toca paro de Nadal, con próximo partido de liga en As Lagoas recén o 26 de xaneiro ante o Getxo Artea. O Blusens Universidade de Vigo continúa na décima posición fóra dos postos de promoción con 18 unidades, dous máis que Santboiana, que caeu ante o Cajasol Ciencias por 21 a 15, que suma á súa vez catro novos puntos para quedar con 15 unidades.

Complutense Cisneros (46) (b): de Sande, Hayali, Espinós, Villanueva, Molina, do Val, M. Fernández, Noriega, Neno, Ángel López, Sainz Trápaga, David Mota, Juan Cano, Ayala, Tudela. Tamén xogaron: Iker Monge, Bachofer, Carreteiro, Florea, Nogueiras, Soriano, Carreiras e S. Fernández.

Blusens Universidade de Vigo (22): David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Daniel Fuentes, Francisco Usero, Sam Hayes, Alejandro Blanco, Joaquín Maguna, Nathan George, Jeremy Simon, Javier Ángel Parga, Lewis Marshall, David Riveiro e Adolfo Rodríguez Uruburu. Tamén xogaron: Javier Abadía, Juan Manuel Rodríguez, Marcos Muñiz, Rubén González, Victor Salgado, Daniel Vázquez Aldemunde, Carlos de Cabo e Borja Vera García-Portillo.

Tanteador:
Min 23 ensaio de Tatafu, pasado por Simon, 0 a 7
Min 25 ensaio de Nenos, pasado López, 7 a 7
Min 32 golpe de castigo de Simon, 7 a 10
Min 37 golpe de castigo de López, 10 a 10
Min 40 ensaio de Trápaga, pasado por López, 17 a 10
Descanso
Min 44 ensaio de Noriega, pasado por López, 24 a 10
Min 48 ensaio de Mouta, 29 a 10
Min 52 golpe de castigo de López, 32 a 10
Min 65 ensaio de López, pasado eél mesmo, 39 a 10
Min 69 ensaio de do Val, pasdo por López, 46 a 10
Min 73 ensaio de Tatafu, pasado por Simon, 46 a 17
Min 80 ensaio de George, 46 a 22

Incidencias: o colexiado Félix Villegas mostrou tarxeta amarela ao xogador local Mota no minuto 19 da primeira parte.