Non é unha experiencia nova a deste sábado en As Lagoas Marocesende, como sucedeu na cuarta xornada ante o líder VRAC Quesos Entrepinares, Jeremy Simon dispuxo dun golpe de castigo a favor, tras unha grande xogada de pick and go da dianteira do Blusens Universidade de Vigo como última xogada do partido, non moi doado, que pasou entre os paus e que tras asubío final do árbitro serviu para gañar un partido vibrante que chegara ata ese momento con empate a 18.

Comezou gañando practicamente dende o vestiario o Blusens Universidade de Vigo, xa que aos 2 minutos Sam Hayes pousaba o balón para colocar o equipo vigués diante por 7 a 0, logo da patada transformada polo francés Simon, que posteriormente se convertería no xogador do partido, totalizando 16 puntos ao finalizar. Foron os únicos puntos que se verían por lado vigués nesta parte, xa que o Rugby Atlético de Madrid, cuarto na competición, cun equipo novo que sabe ao que xoga, anotaría cun ensaio de Ruiz, transformado polo escorregadizo apertura Balbín, que tamén pasaría un golpe de castigo, deixando o parcial ao descanso de 7 a 10.

O Blusens Universidade de Vigo propoñía máis, pero a orde defensiva do Atlético impedía a anotación de puntos locais, e á vez aproveitaba ao máximo os seus erros. Foi así como ao pouco de saír do vestiario, o equipo madrileño aproveitaría un golpe de castigo para abrir distancias e poñer 7 a 13 diante. Foi a partir dese momento cando o Blusens Universidade pasou a dominar o partido, ou mellor dito a ter o control do balón. Primeiro empatou o partido con senllos golpes da á francés en 13 a 13. Seguiría propoñendo o equipo vigués, pero o Atlético aproveitaría un erro no ataque vigués para contraatacar e pousar moi esquinado un ensaio a través de Vergara, que poñía nova distancia no marcador de 13 a 18. Non se viría abaixo o Blusens Universidade, cando en varias fases de ataque, Maguna abriría o balón á liña, que chegaría ao debutante en Vigo Vera-Portillo que nunha breve brillante acción persoal o facía chegar a Simon que a zambullou na bandeira para empatar o partido a 18 a falta de 5 minutos. O Blusens Universidade sabía que estaba mellor fisicamente que o seu rival e se foi a polo partido dende a saída de campo posterior, buscando un golpe de castigo que chegou, e a patada da cal pasou Simon para o novo delirio da bancada, nun final de infarto.

A espera dos resultados dos demais partidos o Blusens Universidade sitúase agora con 26 puntos e afastándose da cola de el táboa. Esta vitoria convértese ademais na cuarta nos últimos 5 encontros.