O Blusens cae ante un bo Santboiana

Imprimir

Malia estar un posto por debaixo, Santboiana reforzouse en inverno, mellorando o seu xogo. O Blusens Universidade de Vigo deixou escapar un partido que había encarrilado, cando ao descanso gañaba por 16 a 6, nunha primeira parte que aproveitou moi ben o vento a favor de As Lagoas. Durante a segunda parte non puido anotar ningún punto, mentres que o equipo catalán apoiou 3 ensaios, 1 golpe e 1 drop goal para levarse o partido.

"Non scrum, non win" dicía un veterano na bancada do campo do CUVI. E é que se notou a fortaleza de Santboiana na loita, con moito peso, minguado ademais o Blusens Universidade de Vigo coa baixa de Maka Tatafu por acumulación de tarxetas. A loita foi unha dor de cabeza durante todo o partido. Outra preocupación, que se notou no xogo ao final do partido foron as lesións de Maguna, Pardo e de Cabo, que deberon deixar en campo antes de tempo. A lesión máis preocupante, ala de Maguna, ao que lle farán estudios durante a semana para ver o nivel de gravidade da lesión do seu xeonllo.

Comezou o partido cun tempranero golpe pasado polo centro Apikotoa, o centro tongano foi un perigo constante. Respondeu Simon con 2 golpes, para poñer por diante ao Blusens Universidade de Vigo, ao que se lle sumaron os ensaios de Cabo e Parga, para chegar ao descanso cun esperanzador 16 a 6 no marcador. O xogo vigués era bo, sobre todo en defensa, contendo os cataláns, e aproveitando as súas oportunidades.

A segunda parte sería outro cantar. É que o Blusens Universidade pareceu quedar no vestiario, xa que chegou o monólogo de Santboiana. Oportunidades non lle faltaron ao equipo vigués, pero no minuto 54 empataba o partido Santboi cun golpe de castigo, sumado ao ensaio transformado anterior. Outro ensaio de Tauli transformado baixo paus por Apikotoa, xa o xogador do partido, poñía por diante á visita no 73 por 7 puntos, 16 a 23. Un drop goal do centro, asestaba a puñalada final ao Blusens Universidade que xa perdera os 3 xogadores por lesión. Foise o Blusens Universidade a polo bonus defensivo, pero no último minuto Baker, pousaba o balón na zona de marca para darlle triunfo final a Santboiana por 16 a 33.

Agora o Blusens Universidade ocupa o posto de promoción a 3 puntos dos cataláns e a 7 de Gernika e Hernani, que gañou nos últimos minutos ao líder Bathco Independente. Por debaixo con 16 puntos atópase o Ciencias de Sevilla.