O Blusens Universidade de Vigo cae ante Ordizia por 41 a 21

Imprimir

rugby_ordiciaO Blusens Universidade de Vigo caeu ata o último minuto por 34 a 21 asediando na súa zona de 22 ao seu rival de onte, o Ampo Ordizia, que sentenciou no primeiro tempo. Os numerosos erros propios impediron chegar ao ensaio. O partido comezaba con dominio vigués que tomaba a iniciativa e avanzaba moitos metros coa dianteira, dirixidos por Simon, en lugar do lesionado Maguna.

Pero Ampo Ordizia aproveitaba cada erro da visita para anotar puntos coa súa liña de tres cuartos. Malia a escasa posesión o equipo local colocábase en en minuto 17 cun abultado 17 a 0. Tivo unha tímida reacción o Blusens Universidade pero só lle chegou para pousar un ensaio a través de Maka Tatafu nesta primeira parte, mentres que Ordizia distanciábase no marcador ao descanso por 31 a 7, xa controlando o xogo.

Tralo descanso chegaría o baixón do Ampo Ordizia, que sumada á amarela de Korey Simpson, axudaron acurtar distancias a 34 a 21 no minuto 64. Parecía que o Blusens Universidade conseguiría un dobre bonus, xa que dominaba territorialmente en posesión, pero novamente unha gran cantidade de avanes e perdidas de balóns nos rucks, daban respiro aos locais. Ao final, tras un ensaio de Ordizia chegaría o pítido final para decepción dos xogadores que fixeron un gran esforzo para remontar na segunda parte.

Ampo Ordizia 41 (b): Grende, García, Lomax, do Río, Chipman, Eulate, Arretxea, Muguatuttia, Aizpurúa, Simpson, Steyl, Palumbo, Puyadena, Korta e Huxford. Tamén xogaron: Pérez, Malkorra, Sadaba, Marotías, Mugika, Arraztoa, Miguélez e Aldananondo.

Blusens Universidade 21: Redondo, Prieto, Tatafu, López, Berlande, Abadía, Hayes, Branco, Simon, George, Uruburo, de Cabo, Parga, Riveiro e Marshall. Tamén xogaron: González, Juan Rodríguez, Rubén Rodríguez, Muñiz, Fontes e Beira. Suplentes: Barbudo e Salgado.

Tanteador:
Min 8 ensaio de Muguatuttia, 5 a 0
Min 11 ensaio de Steyl transformado por el mesmo, 12 a 0
Min 17 ensaio de del Río, 17 a 0
Min 20 ensaio de Tatafu, transformado por Simon, 17 a 7
Min 36 ensaio de Huxford transformado por Simpson, 24 a 7
Min 40 ensaio de Grende transformado por Simpson, 31 a 7
Descanso
Min 47 golpe de Simpson, 34 a 7
Min 55 ensaio de López transformado por Simon, 34 a 14
Min 64 ensaio de Simon transformado por el mesmo, 34 a 21
Min 80 ensaio de Eulate transformado por Simpson

Incidencias: a colegiada Alhambra Nievas mostrou tarxeta amarela a Simpson por falta reiterada de equipo no 53. Unhas 1500 persoas no estadio de Altamira en Ordizia.