O Blusens Universidade de Vigo prepárase para o domingo

Imprimir

david_meraA permanencia atópase a 7 puntos, ao non poder puntuar nos últimos 3 partidos, polo que o Blusens Universidade preparará o partido a conciencia para poder recortar distancias e non se despegar dos equipos que o preceden a falta de 5 partidos. As declaracións de David Monreal para este partido:

"Este partido é sen dúbida o máis importante da tempada e por aqui pasa unha das opcións para evitar o posto de play off. Fomos durante a tempada un equipo irregular con moi bos momentos de xogo e outros con desconcentración no xogo. Debemos de ser capaces de estar concentrados durante os 80 minutos e confiar no noso sistema de xogo. Estou convencido que se o logramos este partido non nos escapa. A clave estará en aguantar a potente dianteira de Gernika. Asegurar noso balóns do set piece, conservalos e ir creando fases para desfacer a súa defensa e aproveitar os espazos. Esperamos que o publico responda a tan importante cita".

O partido xogarase en As Lagoas Marcosende (CUVI), o domingo 23 ás 12.00 h.

Fotografía de Diego Dolan.