vigo_rugby_gernikaO Blusens Universidade de Vigo deixou escapar unha oportunidade única de levar unha vitoria, no partido pola 18ª xornada de División de Honra xogado en As Lagoas Marcosende, ante o Gernika. Nun partido no que durante a primeira parte dominou territorialmente e en posesión do balón, algo que non soubo transformar en puntos.

Non só saíu a gañar o partido o Blusens Universidade, tamén o quixo facer con bonus. Parecía que o partido  encarrilabaselle cando no minuto 6 o capitán Prieto pousaba o balón na zona de marca visitante tras unha boa combinación de xogadas da dianteira. O equipo vigués dominaba e estivo a punto de anotar ata en catro ocasións, pero os erros en ataque e a boa defensa visitante, un equipo limitado, pero que sabía o que tiña que facer, impedíano.

Un drop do apertura basurde Olaeta recortaba as distancias para poñer o marcador en 7 a 3. Para peor, antes de que rematase o primeiro tempo, e tras unha xogada que puido rematar en ensaio, o neozelandés Marshall, o mellor de lonxe dos 30 xogadores que había no campo, debía saír por unha lesión o ombro.

O Blusens Universidade saíu do vestiario con ganas co ensaio de Uruburo, que hoxe realizou un bo partido, pero moi premido polas patadas do apertura Olaeta. Foi un espellismo, o Blusens Universidade de Vigo paseábase polo campo detrás do balón pero sen determinación. Algo que aproveitou o equipo visitante para anotar un golpe e dous ensaios para poñerse 27 a 12 diante no marcador. Tivo unha tímida reacción o XV vigués con algunhas fases de ataque, co ensaio conseguido por Berlande e a posterior patada pasada por Simón, para poñerse 19 a 27 a falta de 7 minutos. Aínda que o Blusens se foi a por todas, acabou recibindo o ensaio que lle daba o bonus ao Gernika no último minuto para rematar o partido en 19 a 32.

Agora, a falta de 4 xornadas, o Blusens Universidade a vai abocado practicamente a loitar por non descender directamente, co Cajasol Ciencias na última praza a 9 puntos, e xa moi lonxe da salvación a 12 puntos.

Blusens Universidade de Vigo 19: David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Mariano Berlande, Javier Abadía, Alejandro Branco, Lionel Pardo, Jeremy Simón, Nathan George, Adolfo Uruburo, Sam Hayes, Javier Parga, Borja Vera, Lewis Marshall. Tamén xogaron: Daniel Fuentes, Marcos Muñiz, Rubén Rodríguez, David Riveiro e Daniel Vázquez. Suplentes: Juan Manuel Rodríguez, Pedro González e Victor Salgado.

Bizkaia Gernika RT 32 (b): Nicolás Martínez, Unai Lasa, Íñigo Urrutia, Oscar Astarloa, Iñaki Ortiz, Matthew Foulds, Ión Magunazelaia, Mua Sala, Asier del Bosque, Iker Olaeta, Jon Urkijo, Pablo Samalea, Tomás Membrana, Íñigo Olaeta e Federico Castiglioni. Tamén xogaron: Marcelo Vianberri e Asier Latorre.

Tanteador:

Min 6 ensaio de Prieto, transformado por Simón, 7 a 0
Min 24 drop de Olaeta, 7 a 3
Descanso
Min 42 ensaio de Magunazelaia, transformado por Samalea, 7 a 10
Min 45 ensaio de Uruburo, 12 a 10
Min 49 golpe de castigo de Samalea, 12 a 13
Min 53 ensaio de Membrana, transformado por Samalea, 12 a 20
Min 68 ensaio de Castiglioni, transformado por Samalea, 12 a 27
Min 73 ensaio de Berlande, transformado por Simón, 19 a 27
Min 79 ensaio de Castiglioni, 19 a 32

Incidencias: o árbitro Raposo ensinou tarxeta amarela ao xogador Íñigo Olaeta (G) no minuto 60 por faltas reiteradas de equipo. Unhas 300 persoas en As Lagoas Marcosende.

Fotografía de Manuel Castro de Sin Rumbo Films.