Vence a Cajasol Ciencias por 36 a 40 en Sevilla. O Blusens Universidade de Vigo tráese unha importantísima vitoria de La Cartuja onde venceu por 36 a 40 ao Cajasol Ciencias. Con este resultado, o equipo sevillano descende directamente á división de honra B, mentres que o equipo olívico garante a súa presenza nos playoffs que se xogarán a partido de ida e volta ante o segundo clasificado da segunda categoría as fins de semana do 1 e o 8 de xuño, co partido de volta en As Lagoas.

O equipo vigués viaxou a terras andaluzas concienciado da importancia deste partido, e non só pola importancia dos puntos, senón tamén pola necesidade de deixar atrás cinco derrotas e consolidar o bo xogo do último partido ante Hermi El Salvador, ante o que se perdeu por un axustado 19 a 25 cun xogador menos case todo o partido, tras a expulsión de Simon. Desta forma o Blusens Universidade realizou onte un bo encontro, con boa defensa e tratando de xogar o oval ao ancho do campo, que permitía romper a liña, o que lle permitiu conseguir 2 ensaios case consecutivos mediada a primeira parte, por medio de Nate e Monti.

A única faceta dominada por o Ciencias era a loita, coa súa pesada dianteira, sobre todo na primeira metade e principio da segunda, que lle permitiu conseguir un ensaio de castigo e outro de loita. Pero o Blusens Universidade de Vigo puido ir corrixindo esa diferenza para emparellar as disputas do oval nesa xogada estática. O resultado ao descanso sería de 15 a 24, logo do bonito ensaio de Uruburo, que chegou tras unha carreira en apoio a Borja Vera, que realizara unha bonita xogada persoal.

Na segunda parte o equipo sevillano chegou a ir por diante no marcador, cando reflectía o 29 a 27, algo que só durou 5 minutos tras un golpe de castigo pasado por Reynolds, onte cun grande acerto nas patadas, fallando tan só un golpe ao inicio do encontro, e autor de 20 puntos co pé. Dende aí comezou a sorte de puntos viguesa poñendo distancia no marcador afastándose a máis de 2 ensaios a falta de 9 minutos coa marca de Tatafu, e a posterior transformación e outro golpe pasados por Reynolds. O Ciencias foise á desesperada, sabendo que no partido perdía a categoría, pero o Blusens Universidade aguantou ben as acometidas, e só chegou o ensaio do local Caballero, tras o cal o árbitro Aguirre decretou o final do partido.

Chegou a alegría para o lado visitante e a tristura para o equipo local, que queda agora a 10 puntos na táboa, insuficientes para o último partido que queda, que o fai descender á segunda categoría. O Blusens Universidade xogará o próximo sábado 3 de maio ás 16.00 h en As Lagoas con Hernani.

CIENCIAS FUNDACIÓN CAJASOL (36 bb): Íñiguez, Juan González, Martínez, Álvaro Ortega, Cisco, De Juan, Sobriño, Ale Ortega, Mazo, Selu, Oli, Fernández, corei, Ustarroz e Domínguez. Tamén xogaron Acosta, Bóla, Salazar, Cabaleiro, Maurano, Macarro, Ilde e Ollé.

BLUSENS VIGO UNIVERSIDADE (40 b): David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, López Marqués, Mariano Berlande, Sam Hayes, Javier Abadía, Alejandro Branco, Borja Vera, Nate George, David Riveiro, Joe Reynolds, Javier Parga, Carlos De Cabo e Adolfo Uruburo. Tamén xogaron Monreal, Muñiz, Pardo, Pedro Rodríguez e Rubén Rodríguez. Suplentes: Juan Rodríguez, Salgado e Brais Sánchez.

ÁRBITRO: Julio César Aguirre, catalán. Excluíu temporalmente a Sam Hayes (39 ´) e ao local Selu Ortega (40 ´).

TANTEADOR
Min. 10, golpe de castigo de Reynolds (0-3).
Min. 13, golpe de castigo de Selu (3-3).
Min. 24, ensaio de George transformado por Reynolds (3-10).
Min. 26, ensaio de Alejandro Branco transformado por Reynolds (3-17).
Min. 30, ensaio de Cisco, (8-17).
Min. 35, ensaio de Uruburo transformado por Reynolds (8-24).
Min. 37, ensaio de castigo transformado por Selu (15-24).
Descanso
Min. 42, ensaio de Ale Ortega transformado por Selu (22-24).
Min. 46, golpe de castigo de Reynolds (22-27).
Min. 48, ensaio de Ale Ortega transformado por Mazo (29-27).
Min. 53, golpe de castigo de Reynolds (29-30).
Min. 58, ensaio de Tatafu transformado por Reynolds (29-37).
Min. 66, ensaio de Oli (29-37).
Min. 71, golpe de castigo de Reynolds (29-40).
Min. 80, ensaio de Cabaleiro transformado por Mazo (36-40).