vigorugby_femO Universidade de Vigo feminino gañou, o pasado sábado, o partido pola final da liga galega de ascenso no CUVI ante o Campus Ourense por 25 a 15, e desta forma consegue o dereito a disputar a fase de ascenso a División de Honra española que se disputará en Sevilla a fin de semana do 26 e 27 de abril.