O Blusens Universidade de Vigo despídese cunha vitoria

Imprimir

rugbyO Blusens Universidade de Vigo pechou o sábado a súa participación na liga regular de División de Honra ante un novo Hernani ao que venceu por un claro 41 a 26, nun partido no que ambos os dous equipos conseguiron un punto bonus.

Despide desta forma a competición cargado de moral para afrontar os playoffs de permanencia cos 2 partidos consecutivos finais gañados, ambos os dous con bonus, á espera de coñecer o seu rival pola permanencia a ida e volta que xogará as fins de semana do 1 e 8 de xuño.

O Blusens Universidade dominou todo o encontro de inicio a fin, nun partido moi aberto con moitas alternativas, no que se apostou por conseguir ensaios e xogar á man, enviando os golpes á touche en lugar de chutar a paus. Comezou o partido gañando o equipo vigués xa que no minuto 2, Maka Tatafu, o tongano tryman da tempada, pousaba o balón logo dunha xogada ensaiada tras un envío de la touche. Pouco puideron facer os vascos para paralo. Logo virían un ensaio de Javier Parga e outro do novo pilier Muñiz, que cun golpe de Reynolds, por outro do visitante Otaegi deixaban as cousas en 22 a 7 no descanso.

No segundo tempo mellorou o seu xogo Hernani (parcial de 19 a 19 neste período), pero o triunfo local nunca pareceu correr perigo, pousando novamente Tatafu, Juan Rodríguez e Reynolds baixo paus por parte viguesa, e Etxeberría, Mujika e un ensaio de castigo por parte vasca. Nesta xogada produciuse o susto do partido cun golpe de Javi Abadía, que callou un bo encontro, que por precaución foi derivado a unha clínica para observación. O referín Félix Villegas decretou o final do partido tras o ensaio de Reynolds, nunha xornada de moita calor e boa concorrencia en As Lagoas Marcosende.

Agora Monreal e Mera prepararán durante o mes de maio os partidos de playoff pola permanencia de xuño. No equipo xa non estarán Sam Hayes, que regresa a Nova Zelandia e Lionel Pardo, que regresou a Valencia para recuperarse da súa lesión. Están planificados unha concentración e disputar un par de partidos amigables.

Blusens Universidade de Vigo 41 (b): Marcos Muñiz, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Mariano Berlande, Javier Abadía, Rubén Rodríguez, Sam Hayes, Borja Vera García-Portillo, Nathan George, Jeremy Simon, Joe Reynolds, Javier Parga, David Riveiro e Adolfo Uruburo. Tamén xogaron: David Monreal, Juan Manuel Rodríguez, Víctor Salgado, Daniel Fuentes e Daniel Vázquez. Suplentes: Pedro Rodríguez,

Hernani CRE 26 (b): Beñat Iradi, I. Otxoto, Orbegozo, Aranburu, Arkaitz Otegi, Guti, Casado, M. Pérez, Outeiro, Larretxea, Esnal, Olano, Etxebe, Aritz Otaegi e Iñaki Leonet. Tamén xogaron: Iván Zapiain, Noriega, Iñaki Otaegi, Elorza, Agirrezabala, Mattin Mujika e Jon Insausti.

Tanteador:
Min 2 ensaio de Tatafu, 5 a 0
Min 24 ensaio de Aritz Otaegi, transformado por Larretxea, 5 a 7
Min 27 golpe de Reynolds, 8 a 7
Min 35 ensaio de Parga, transformado por Reynolds, 15 a 7
Min 39 ensaio de Muñiz, transformado por Reynolds, 22 a 7
Descanso
Min 45 ensaio de Etxeberría, transformado por Larretxea, 22 a 14
Min 50 ensaio de Tatafu, 27 a 14
Min 57 ensaio de Juan Rodríguez, transformado por Reynolds, 34 a 14
Min 64 ensaio de Mujika, 34 a 19
Min 76 ensaio de castigo, transformado por Larretxea, 34 a 26
Min ensaio de Reynolds, transformado por el mesmo, 41 a 26

Incidencias: o árbitro Félix Villegas mostrou cartolinas amarelas a Leonet (H) e a Parga (V). Uns 300 espectadores en As Lagoas Marcosende, CUVI, en partido retransmitido en directo por TVG.