Cabecera Vide

Oscar Ferreras, do Vigo Rugby, volve ás andadas

oscar_ferrerasOnte empezou a adestrar e estará dispoñible para os playoff. Oscar Ferreras iniciaba a tempada co Blusens Universidade de Vigo como nas pasadas 3 campañas, pero o que parecía ser unha simple gripe resultou ser unha pericarditis con derramo que o mantivo de baixa toda a tempada.

Tras recuperarse por completo segundo os últimos estudios, decidiu comezar a prepararse para estar dispoñible na pretempada de agosto próximo. Unha vez rematada a liga e ao ter que disputar o Blusens Universidade os playoffs polo descenso, Ferreras, un dos xogadores máis regulares na pasada tempada no posto de piar esquerdo, tras falar con Monreal, decidiu adiantar o regreso á eliminatoria que terá lugar os fins de semana do 1 e o 8 de xuño.