rugby_infantilO torneo terá lugar o próximo sábado 31 de maio nas instalacións do Campus Universitario da Universidade de Vigo en As Lagoas Marcosende. Comezará as 10.00 h con partidos nas categorías que van dende sub 6 a sub 16, e disputarase nos 2 campos do CUVI, o de herba natural e o sintético.

Como outros anos para esta edición hai unha grande presenza de clubs e escolas portuguesas como a Escola Rugby Porto, a Escola de Rugby Cercarte, o Braga Rugby Clube, o CRAV (Arcos de Valdevez), a Escolinha de Académica de Coimbra e CDUP (Clube Deportivo Universitario Porto). Por parte galega, ademais do Vigo Rugby Club, tamén estarán o Campus Ourense e Los Ingleses de Vilagarcía.

Por categorías as que teñen maior número de inscricións son as sub 8, as sub 12 e a sub 14, e calcúlase que participarán ao redor de 750 nenos e nenas, que pasarán o día no CUVI para o que os responsables da escola de rugby do club organizan as viandas para os pequenos e pequenas xogadoras, e os postos para atender aos pais e nais.

Esta será a cuarta edición dun torneo que crece ano a ano.