Caeu na final de División de Honra B ante o FC Barcelona, que ascende directamente. Nun partido moi disputado e con grande nivel por parte de ambos os dous equipos, o FC Barcelona impúxose no campo da Foixarda en Barcelona ao Rugby Sant Cugat por 40 a 21, o que lle permite ascender directamente a División de Honra. Desta forma o rival que terá o Blusens Universidade de Vigo nos playoffs a disputarse os fins de semana do 1 e 8 de xuño será o Sant Cugat, club no que xoga o ex medio loita olívico do primeiro ano de División de Honra, Pol Gómez.

A falta de que se poñan en contacto ambos os dous clubs para coñecer o día da fin de semana e hora en que se disputarán os playoffs, o corpo técnico e os xogadores veñen traballando con intensidade para estes partidos, pero xa coñecendo ao rival.