Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

rugby_playoffE as mensaxes non se fixeron esperar, xa que tamén mandaron o seu apoio ex xogadores dende todos os cantos do mundo como Basilis Katsakos dende Grecia, Ashton Constant dende Sudáfrica, Ivan Conti dende Arxentina, Daniel Hall dende Inglaterra ou Cameron Eyre e Roy Griffin dende Nova Zelandia. Tamén outros dous xogadores claves nos últimos anos como Carlos Blanco, dende Australia e Francisco Usero "Pakito" dende Ferrol mandaron mensaxes de ánimo, e moi emotivas que están a calar no criadeiro.

O equipo adestrou toda a semana corrixindo fallos do partido de ida e ensaiando xogadas ás ordes de Monreal e Mera. Especulábase que a chuvia que está a caer nas últimas horas ía deixar o terreo máis pesado, situación que favorecería a priori ao Blusens Universidade polo seu tipo de xogo, e que en cambio non beneficiaría tanto aos cataláns do Sant Cugat moi veloces na liña de tres cuartos. A todo isto dende o club quere que a concorrencia de público sexa maior e estase a invitar a través das redes sociais a todos os afeccionados do rugby galego, e do deporte en xeral a través da Fundación VIDE e do Concello de Vigo, con entrada gratuíta para todos.

O mesmo sábado pola tarde o seleccionado de Galicia disputará o seu partido de la Histori Cup ante Andorra en Pontevedra, e para que dese tempo aos afeccionados que desexasen ver ambos os dous encontros, acordouse atrasalo media hora, ata as 19.30 h, mentres que a directiva do Vigo Rugby Club fixo unha petición especial a Sant Cugat para adiantar o seu partido ás 17.15 h, solicitude á que accedeu a directiva catalá. Desta forma moitos espectadores trasladaranse dende o CUVI a Monteporreiro en Pontevedra para presenciar ambos os dous partidos.

Dende o club mobilizarase a toda a escola de rugby tamén para recibir os equipos á súa saída ao terreo de xogo. O ambiente promete ser importante para arroupar o equipo e dar volta a eliminatoria coa desvantaxe de 19 puntos.

O partido de volta polos play off de permanencia dará comezo ás 17.15 h no CUVI.