Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo xogará unha tempada máis en división de honra

O Blusens Universidade de Vigo venceu por 38 11 ao Sant Cugat, anulando a diferenza de 19 puntos da ida. O partido saíu de acordo á formulación proposta por David Monreal, que xogou todo o partido, e Alberto Mera, atacando e gañando metros cos 8 dianteiros, que fixeron un traballo de desgaste brutal, con Maka Tatafu imparable máis cerca das agrupacións, e Monty un pouco máis lonxe.

No segundo tempo con vento a favor e un Sant Cugat canso e algo desmoralizado seguiuse controlando o partido ata que o árbitro decretou o final e produciuse a invasión do público para festexar cos xogadores. A repercusión do triunfo foi inmensa entre todos os seguidores, medios, familias, amigos, e moitos xogadores vivírono como un dos máis importantes das súas carreiras.

Blusens Universidade de Vigo Rugby 38: Marcos Muñiz, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, David Monreal, Javier Abadía, Alejandro Branco, Jeremy Simon, Nate George, Mauro González, Jor Reynolds, Javier Parga, Carlos de Cabo e Adolfo Uruburo. Tamén xogaron: David Redondo, Oscar Ferreras e Rubén Rodríguez. Suplentes: Juan Manuel Rodríguez, David Riveiro, Daniel Vázquez, Borja Vera e Daniel Fuentes.

Rugby Sant Cugat 11: Josep Playa, Jordi Segura, Gabrial Pugliese, Nicolás Góez, Andrés Rangel, Pierre Lartigau, Sergi Lafuente, Juan Sorrequieta, Pol Gómez, Iñaki Berasategui, Pol Pla, Bruno Granell, Juan Losada, Pedro Guadanero e Daniel Reyes. Tamén xogaron: Mateu Angudo, Xavier Mata, Lucas Ruagina, Nico Romano, Federico Gómez, Abraham Gómez e Pol Pérez. Suplente: Marcelo Converti.

Tanteador:
Min 2 ensaio de Prieto, 5 a 0
Min 14 golpe de castigo de Berasategui, 5 a 3
Min 19 golpe de castigo de Simon, 8 a 3
Min 23 ensaio de de Cabo, 13 a 3
Min 25 drop de Berasategui, 13 a 6
Min 37 ensaio de Abadía, 18 a 6
Min 40 ensaio de Federico Gómez, 18 a 11
Descanso
Min 42 ensaio de Monreal, transformado por Simon, 25 a 11
Min 45 golpe de castigo de Simon, 28 a 11
Min 55 ensaio de Maka Tatafu, transformado por Simon, 35 a 11
Min 73 golpe de castigo de Simon, 38 a 11

Incidencias: uns 1.000 espectadores en As Lagoas. O árbitro Félix Villegas sacou amarelas aos locais Berlande e Monreal, e ao xogador de Sant Cugat Sorrequieta. O Blusens Universidade de Vigo xogará unha tempada máis en División de Honra.