Maka Tatafu renova co Blusens Universidade

Imprimir

maka_tatafuO piar dereito tongano, Falemaka Tatafu, convértese na primeira incorporación da tempada 2014-2015 para o Blusens Universidade de Vigo toda vez que se chegou a un acordo para o seu retorno ás filas do primeiro equipo do Vigo Rugby Club. Desta forma materialízase o desexo do xogador de continuar xogando en Vigo onde se sentía moi cómodo, e por desexo da nova dupla técnica Mera-Maxwell chegará  Vigo a mediados de agosto.

Tatafu foi o tryman da pasada tempada, o máximo anotador de ensaios do equipo, e xogador máis destacado en varios dos partidos, nos que fixo valer os seus 125 quilos de peso, sendo moi difícil de parar en carreira pola súa potencia.

Mera e Maxwell seguen traballando na confección do equipo coa axuda de Monreal, dende o seu rol de representante de xogadores dende Nova Zelandia. Nas próximas horas poderían ir confirmándose dúas incorporacións para os postos de apertura e a terceira liña viguesa, un deles internacional polo seu país e ex xogador do Super XV.