Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo xogará un amigable en Vilagarcía ante os Ingleses

vigo_rugby_makaO Blusens Universidade de Vigo, disputará este sábado o seu primeiro partido amigable da pretempada en Vilagarcía ante o equipo local de Los Ingleses, que terá lugar o sábado 30 de agosto ás 19.00 h. O partido servirá para estrear tamén o vínculo que une aos Ingleses como filial do club vigués, e formará parte dunha mini concentración que o primeiro equipo levará a cabo en Vilanova de Arosa durante a fin de semana.

Para este partido pode que xogue os seus primeiros minutos o piar tongano Maka Tatafu que arribou  Vigo o pasado martes e xa se atopa adestrando cos seus compañeiros. A próxima semana pode concretarse a chegada dun xogador sudafricano para a terceira liña, e a dun utility back neozelandés. O último fin de semana da pretempada o equipo realizará un tramo do camiño de Santiago compaxinando preparación física e traballo en equipo, antes de comezar a Liga o fin de semana do 14 setembro ante Gernika en terras vascas.