O Blusens Universidade de Vigo inicia hoxe o camiño de Santiago

Imprimir

O Blusens realizará o camiño de Santiago do Norte dende Villalba, partindo hoxe venres. Comandados polo corpo técnico composto por Alberto Mera e Norm Maxwell compaxinarán a realización do camiño a pé con actividades físicas e de traballo en equipo.

Partirase dende Villalba para facer unha primeira noite en Pigara, en tendas de campaña nun terreo propiedade da familia do xogador Javier Parga. Durante o sábado o camiño continuará con destino a Miraz onde presumiblemente se fará noite, pasando previamente por Baamonde.

As principais accións que se realizarán é fomentar o traballo en equipo, organización, motivación e alcance de obxectivos, prácticas que logo se trasladarán ao campo de xogo, unha vez formúlense os partidos.