Cabecera Vide

Mpho Mbiyoso e Andrew Parata incorpóranse ao Vigo Rugby

rugby_mphoO sudafricano, Mpho Mbiyoso, un dos xogadores con mellor traxectoria que posiblemente xogue esta tempada na liga de división de honra española, é un flanker de 1.83 m e 101 quilogramos. Aos seus 31 anos ten unha ampla traxectoria no rugby internacional xa que xogou para a franquía sudafricana do Super Rugby, os Eastern Province Kings, dende a súa creación en 2009, e cos que apoiou o primeiro ensaio da historia do equipo, e nada menos que ante os British and Irish Lions, no seu tour de 2009.  

Participou tamén coa selección rugby a sete de Sudáfrica cos cales obtivo o título de campión do circuíto mundial. Mpho chegará hoxe  Vigo a través de Santiago de Compostela, e empezará os adestramentos mañá para estar a disposición do corpo técnico para o partido do próximo domingo en Gernika por a primeiro xornada de competición.

Outro xogador que chega é o neozelandés Andrew Parata, de 26 anos, centro e utility back proveniente do equipo de la ITM Cup neozelandesa Otago. Andrew ten tamén unha grande traxectoria rugbística coa participación durante dous anos na selección universitaria de Nova Zelandia e con logros persoais como mellor xogador universitario da tempada, e mellor deportista maorí universitario. É un xogador dunha grande envergadura física, con 1.87 e 90 quilogramos de peso, e proverá de solucións para distintos postos na liña de tres cuartos ao corpo técnico. Chegará durante esta semana e está por confirmarse se estará dispoñible para o partido da primeira fin de semana.

Esta semana o equipo adestrará xa con normalidade nas instalacións universitarias do CUVI, logo de regresar do camiño de Santiago, e coa vista posta no primeiro partido de tempada que se xogará en Gernika.