mphoO sudafricano Mpho Mbiyoso, nova incorporación do Blusens Universidade de Vigo, arribou a Vigo tras 48 h de viaxe, ao ter un problema técnico o avión que o traía de Sudáfrica, e que non puido despegar a tempo. A compañía aérea trasladou a toda a pasaxe a un hotel, incluídos a Mpho e a súa familia (chega a Vigo coa súa muller e os seus 2 fillos, de 2 meses e 2 anos), para partir ao día seguinte con escala en Estambul e Bilbao, antes de aterrar en Santiago de Compostela, onde o esperaba o director deportivo do Vigo Rugby Club, Mariano Berlande para transportalos a Vigo.

Unha vez instalados no seu novo fogar na cidade olívica, e tras descansar un par de horas, o xogador incorporouse ao adestramento do Blusens Universidade de Vigo ás ordes de Mera e Maxwell para estar dispoñible para o partido da fin de semana ante o Gernika, no País Vasco.