rugbyO Blusens Universidade de Vigo tráese un dobre bonus de terras vascas tras caer por 38 a 31 ante o Gernika RT, nun campo, o de Urbieta, onde as últimas tempadas caeu con contundencia. Tras o partido o corpo técnico mostrábase moi satisfeito co xogo do equipo, cun XV inicial moi nova, que a punto estivo de levar o partido ao ir gañando no minuto 70 por 30 a 31. Ademais, a intensidade coa que se xogou demostra un cambio de actitude con respecto á pasada campaña.

O partido parecía prever un resultado avultado por o ensaio inicial do equipo basurde, pero tan só foi un mal inicio que se viu contrarrestado inmediatamente polo equipo vigués que deu volta o marcador no minuto 11 co primeiro ensaio da mañá de Maka Tatafu, que anotaría dous máis no partido, e a transformación de Borja Vera, máis a marca de Rucho Rodríguez, un dos xogadores do partido. O partido foi moi intenso sobresaíndo no Blusens Universidade o xogo consistente de dianteira, con moita firmeza na loita e na touche, e no que destacou Adrián Fernández "Gambita" cun nivel superlativo. O primeiro tempo remataría cun axustado 18 a 17, que daba esperanzas para a segunda parte.

A segunda metade comezouna o Blusens Universidade con 14 xogadores por o sen bin de Parga, o que permitiu ao Gernika distanciarse no marcador con 2 ensaios a través dos irmáns Olaeta. O XV vigués mostrou nesta parte ese cambio de actitude que buscaba o corpo técnico dando volta o marcador cos ensaios de Tatafu e Parga para poñerse por diante no marcador por 30 a 31 a falta de 10 minutos para o final. Pero Urbieta é moito Urbieta, e ante a presión do público o equipo basurde non deixou escapar o partido para pechalo cun ensaio e un golpe de castigo nos últimos minutos, para deixar o resultado de 38 a 31, que lle permite sumar 5 puntos na táboa de posicións e ao Blusens Universidade traerse 2 puntos bonus de ouro.

A destacar o resultado cun equipo moi novo e cheo de baixas neste inicio de tempada, xa que ata 8 xogadores que puideron saír dende o inicio non puideron estar presentes, por lesión ou outros motivos persoais, laborais ou burocráticos. A próxima fin de semana incorporarase Parata, xa en Vigo e posiblemente algúns dos xogadores tocados que viaxaron co equipo a Gernika. O partido será en As Lagoas Marcosende ante o último campión, o Queixos Entrepinares, o sábado ás 17.00 h.

Gernika RT: Nicolás Martínez, Jon Bilbao, Iñigo Urrutia, Iñaki Ortiz, Eneko Insunza, Jon Magunazelaya, Mattew Poulas, Sala Mua, Patricio Long, Iker Olaeta, Abdela Essameb, Koldo Barandiaran, Magin Souville, Iñigo Olaeta e Federico Castiglioni. Tamén xogaron: Ibai Amilategui, Oscar Astarloa e Asier Latorre. Suplentes: Jon Ordonika, Jon Urkijo e Ibon Agirre.

Blusens Universidade de Vigo: Marcos Muñiz, Vicente Prieto (C), Maka Tatafu, Rubén Rodríguez, Mariano Berlande, Adrian Fernández, Javier Abadía, Mpho Mbiyoso, Borja Vera Garcia-Portillo, Javier A. Parga, Brais Sánchez, Mauro González, Carlos de Cabo, Luis Losada e David Riveiro. Tamén xogaron: Pedro González e Alvaro Caride. Suplentes: Juan M. Rodríguez, Victor Salgado, Jorge Barbudo e Paul González.

Tanteador:
Min 5 ensaio de Iñigo Urrutia, 5 a 0
Min 11 ensaio de Maka Tatafu trasnformado por Borja Vera, 5 a 7
Min 15 golpe de castigo pasado por Iñigo Olaeta, 8 a 7
Min 24 ensaio de Rubén Rodríguez, 8 a 12
Min 28 ensaio de Essameb, 13 a 12
Min 31 ensaio de Insunza, 18 a 12
Min 39 ensaio de Tatafu transformado por Borja Vera, 18 a 17
Descanso
Min 45 ensaio de Iñigo Olaeta, 23 a 17
Min 54 ensaio de Iker Olaeta, transformado por Castiglioni, 30 a 17
Min 62 ensaio de Tatafu transformado por Borja Vera, 30 a 24
Min 63 ensaio de Javier Parga, transformado por Borja Vera, 30 a 31
Min 76 ensaio de Barandiaran 33 a 31
Min 78 golpe de castigo de Castiglioni, 38 a 31

Incidencias, o colexiado David Castro mostrou amarelas a Javier Parga por parte do Blusens Universidade de Vigo, no minuto 40, e a Ortiz, no minuto 34, e Mua no 57 por parte de Gernika.

Fotografía de Pedro Urrutxua.