Cabecera Vide

O BLusens Universidade cae por 15 a 19 ante o último campión

rugbyO Blusens Universidade de Vigo caeu o pasado sábado no debut en As Lagoas Marcosende ante o último campión o VRAC Quesos Entrepinares por 15 a 19, obtendo un punto bonus defensivo malia chegar ao descanso dominando 12 a 9. A pesar de finalizar con dous ensaios a favor por ambos os dous bandos, e dominar na primeira metade, na segunda parte non soubo definir o partido, nuns últimos 20 minutos nos que tivo a maior posesión de balón pero a falta de definición e alternativas no seu xogo fixeron imposible a remontada tras dar volta o marcador o equipo pucelano no minuto 66 coa marca de Marco Lora.

Tamén llo viu con menos forza ao Blusens Universidade, quizais polo esforzo defensivo da primeira metade onde contivo moi ben o seu rival.

É certo que este é un Blusens Universidade distinto ao doutras tempadas, cun xogo máis simple e efectivo, coñecendo as súas fortalezas e aproveitándoas, cunha actitude máis gañadora e con máis confianza, como nos momentos nos que xogou á man algúns golpes factibles de lanzamento a paus ou á touche en busca da anotación dos ensaios, ante todo un bicampeón de liga. Un xogo que de ir afianzándose traeralle bos resultados, como os bonus conseguidos nestes 2 primeiros partidos ante rivais de entidade. De consolidarse o sistema de xogo, cun equipo moi novo con xogadores formados na casa pode darlle bos resultados a medio e longo prazo.

O próximo sábado o Blusens Universidade de Vigo desprázase a Santander para xogar pola cuarta xornada da División de Honra ante o Bathco Independente, un dos equipos chamados a pelexar polo título, e onde actualmente xoga o exxogador vigués, Alejandro Branco "Monty".

Blusens Universidade de Vigo 15: Marcos Muñiz, Vicente Prieto, Falemaka Tatafu, Rubén Rodríguez, Mariano Berlande, Adrián Fernández, Javier Abadía, Mpho Mbiyoso, Borja Vera, Andrew Parata, David Riveiro, Mauro González, Javier Parga, Luis Losada e Paul González. Tamén xogaron: David Redondo, Pedro González, Juan M. Rodríguez e Alvaro Caride. Suplentes: Ferreras, Barbudo e Brais Sánchez.

VRAC Quesos Entrepinares 19: Pablo César Gutiérrez, Pablo Miejimolle, Sergio Valverde, Manuel Mora, Ignacio Molina, Borja Estrada, Stefano Tucconi, Kalo Gavidi, Pablo Gil, Álvaro Ferrández, Rodrigo López, Daniel Snee, Nacho Muller, Marco Lora e Frederick Montagut. Tamén xogaron: Yannick Pardo, Gareth Griffiths, Pescador, Gorosito e Haru.

Tanteador
0-3, min.3: Transformación de castigo de Álvaro Ferrández;
5-3, min.16: Ensaio de Maka;
5-6, min.22: Transformación de castigo de Álvaro Ferrández;
5-9, min.32: Transformación de castigo de Álvaro Ferrández;
12-9, min.37: Ensaio de Mpho e transformación de Paul González;
DESCANSO
12-14, min.52: Ensaio de Manuel Mora;
15-14, min.57: Transformación de castigo de Paul González;
15-19, min.66: Ensaio de Marco Lora.

Fotografía de Diego Dolan.