O Blusens Universidade de Vigo cae en Santander por 20 a 14

Imprimir

rugbyO Blusens Universidade de Vigo continúa acariñando a vitoria neste inicio de tempada de División de Honra, nunhas tres primeiras xornadas que tivo que enfrontarse a equipos que teñen as papeletas para estar nos primeiros postos da clasificación.

Caeu o equipo vigués por 20 a 14 en Santander, ante o Bathco Rugby, equipo cun dos maiores presupostos da categoría e que prácticamente reforzou todos os postos coa idea de pelexar polo campionato. Aínda que é certo que o equipo local tiña algúns xogadores coa selección nacional de rugby a sete disputando o torneo de Kenia, o Blusens Universidade continúa avanzando no seu xogo e púxolle as cousas moi difíciles ao pasado subcampeón de liga, ao que ata puido gañarlle no último minuto, si non se producía unha infracción a 3 metros da zona de marca cando a punto estivo de ensaiar, logo de 30 metros de pick and go. Pousando ese ensaio e transformando a patada adicional, o equipo vigués puido traerse a vitoria. Non foi esa última xogada unha acción illada, xa que prácticamente toda a segunda metade xogouse en terreo do Bathco, que se desafogaba con patadas desde o fondo ou gañando metros co seu potente dianteira.

O Bathco Rugby non puido abrir o marcador ata o minuto 23, cando o apertura Tobal pasou un golpe de castigo, repetindo outro 4 minutos máis tarde. Ao filo do descanso chegaban os 2 ensaios da mañá do equipo santanderino, a través de Mañero e Pena, ambos pasados por Tobal. Desta forma chegábase ao descanso co marcador de 20 a 0.

Nunha segunda metade na que o Bathco intentábao e non podía, era o Blusens Universidade o que tivo a iniciativa, moi consistente nas touches e xogando o balón por todo e ancho da cancha. Aínda así tardaron en chegar os ensaios, xa que o equipo vigués cometía ás veces algúns erros que lle impedían marcar. Aínda así nos últimos minutos o Blusens Universidade xeraba moito perigo, e no minuto 69 a través do recentemente ingresado Uruburo apoiaba baixo paus tras unha gran xogada pola esquerda entre Parata e Mpho. A falta de 5 minutos era o propio sudafricano o que pousaba na zona de marca tras varias fases de xogo, que coa transformación de Uruburo deixaría o resultado final de 20 a 14.

Agora o Blusens Universidade xogará a próxima xornada nas Lagoas ante o FC Barcelona, debutante na categoría que do mesmo xeito que o equipo vigués caeu nos tres primeiros encontros, e suma os mesmos puntos na táboa, 4 unidades. O partido será no CUVI o domingo 5 de outubro ás 12.00h.

Bathco Rugby (20): Francisco Sanz, Leonardo Bulacio, Andrés Alvarado, Emmanuel García, Tomás Urbaitis, Íñigo Rado, Ramiro Benavides, Alejandro Blanco, Izco Armental, Santiago Tobal, Alberto Díaz, Daniel Mañero, Tomás del Punta, Iván Peña e Javier Carrión. Tamén xogaron: Manuel Sazatornil, Samuel Ansorena, Andrei Serb, José Luis Young e S. Marquínez.

Blusens Universidade de Vigo (14) (b): Marcos Muñiz, Vicente Prieto (C), Maka Tatafu, Rubén Rodríguez, Carlos López Marqués, Adrián Fernández, Javier Abadía, Mpho Mbiyozo, Borja Vera García-Portillo, Paul González, David Riveiro, Andrew Parata, Javier A. Parga, Luis Losada e Jose Calvo. Juan M. Rodríguez, David Redondo, Víctor Salgado, Mariano Berlande, Pedro González, Álvaro Caride e Adolfo Rodríguez Uruburo.

Tanteador
Min 23 golpe de castigo de Tobal (Bath), 3 a 0
Min 27 golpe de castigo de Tobal (Bath), 6 a 0
Min 31 ensaio de Mañero transformado por Tobal (Bath), 13 a 0
Min 37 ensaio de Pena transformado por Tobal (Bath), 20 a 0
Descanso
Min 69 ensaio de Uruburo transformado por Beira (Blu), 20 a 7
Min 75 ensaio de Mpho transformado por Uruburo (Blu), 20 a 14

Árbitro: Igotz Gallastegi

Fogografía de Marcos Fierro